venres, 19 de xuño de 2020

FIN DE CURSO

Logo dun 3º trimestre tan estraño para todos/as toca despedir o curso.
Esta última semana non vos puxen ningunha tarefa, primeiro porque coma sempre facemos trátase unha semana que vos deixaría libre en condición normais, e segundo porque considerei que xa bastante esforzo fixéchedes este trimestre.
Tedes un verán por diante agora, que ben merecido o tedes, pero si podo darvos un consello, aproveitádeo con actividades lúdicas produtivas.
 Dende o punto de vista deportivo, tedes mil opcións de ocio activo como por exemplo andar en bici, patinar, correr, xogar coa pelota... por non falar de todo o que vos ofrece a praia: nadar, bucear, xogar ás palas...
Facer manualidades, pintar... tamén son tarefas moi agradecidas que vos recomendo encarecidamente.
Ler algún libro que vos guste, xogar ao xadrez... máis do mesmo.
O verán logo pasa e en nada estaremos comezando un novo curso que seguro todos e todas colleremos con máis ganas que nunca.
Ao alumnado de 6º que marcha, desexarlle todo o mellor na nova etapa que inicia e agradecerlle as vivencias compartidas estes anos. Botarémosvos de menos pero sobre todo alegrámonos de vervos iniciar unha nova andaina na vida e seguir medrando e aprendendo. Aquí tedes a vosa casa, e seredes benvidos sempre que queirades visitarnos.
A todos/as, bo verán e ata pronto!





xoves, 11 de xuño de 2020

ACTIVIDADES 2- 9 SEM- 3AV

Hoxe déixovos unhas tarefas para traballar a coordinación ollo-man.

NIVEL 1:
Necesitaredes unha pelota de tenis ou similar.

  • Lanzala ao aire cunha man e collela coas dúas (variar altura)
  • Botala e collela (cunha man, coas dúas, lanzo con unha e collo ca outra...)
  • Lanzala contra unha parede, dexala botar e collela coas dúas mans.
  • Lanzala contra o chan, que logo rebote na parede e collela despóis no aire (probar dende diferentes distancias).
NIVEL 2:
Precisaredes 2 pelotas de tenis ou similar. 
Resultan moi boas as que están feitas con globos e arroz, comida de paxaros,...deste xeito.


Con elas trataremos de facer malabares así:



NIVEL 3:
Para este nivel será necesario primeiro dominar os exercicios do nivel anterior.
Necesitaremos 3 pelotas de tenis ou incluso mellor 3 pelotas feitas con globos como se explica no vídeo do nivel 2.
Dominar este exercicio require práctica e paciencia e non se consegue nun día.




Por último quero deixarvos unha suxerencia para as vacacións dun xogo de malabares que se presta moito no verán: o diábolo. Parece difícil ao principio pero os trucos básicos conséguense relativamente pronto cun pouco de práctica. O vídeo de exhibición é para que vexades o xogo que pode dar, pero trátase xa dun nivel de dominio moi elevado. O outro é un vídeo para principiantes coas cousas básicas. Según se van dominando estas, podemos seguir evolucionando coa a axuda de titoriais.  Hai unha chea de vídeos con trucos para que poidades ampliar o voso repertorio.


mércores, 10 de xuño de 2020

ARTS AND CRAFTS 9 SEM- 3 AV

Hoxe imos facer un divertido debuxo da nosa man en 3D, Precisaredes lápis, goma, rotuladores e un folio.
Non debería ter demasiada complicación, pero iso sí, precisaredes algo de paciencia e quizáis un pouco de axuda para poder pillarlle o truco.
Esta tarefa vai orientada principalmente ao alumnado de 2º de ARTS AND CRAFTS.


MAN EN 3D

luns, 8 de xuño de 2020

ACTIVIDADES 1- 9 SEM- 3 AV


A primeira tarefa desta semana ten que ver co manexo e control dunha pelota. Os/as futboleiros/as seguro que a recibiredes de boa gana. Poño 3 niveis para que cada quen escolla o que mellor se adapte ás súas características. O nivel 1 traballa a coordinación ollo-man. Os niveis 2 e 3 son para practicar a coordinación ollo-pé.

NIVEL 1:
Coller unha pelota que bote:
- Conseguir dar 10 botes cunha man
- Conseguir dar 20 botes alternando as mans
- Conseguir pasala por entre as pernas con bote.

NIVEL 2:
Cun balón de fútbol ou pelota similar:
- Dar 10 toques co pé
- O mesmo alternando pé en cada toque
- Dar o maior número de toques (buscar récord persoal). NOTA: Elevar a pelota e seguir golpeándoa cos xeonllos soe axudar bastante a dar máis toques.

NIVEL 3:
Déixovos 5 formas diferentes para levantar o balón do chan. Se prestades atención e cun pouco de maña, práctica e paciencia seguro que conseguides facer algunha delas.

5 FORMAS DE LEVANTAR A PELOTA

xoves, 4 de xuño de 2020

ACTIVIDADES 2- 8 SEM- 3AV

Colle os patíns (ou no seu defecto o patinete, skate, waveboard, ou bicicleta en caso de non ter ningún dos anteriores).
Anda neles entre 20 minutos e 1 hora. Podes practicar trucos que ainda non domines de todo, dar un paseo neles ou planificar un circuito con curvas, algún saltiño...
As proteccións son sempre moi aconsellables especialmente ao aprender novos trucos. Pecar dun exceso de confianza e deixalas de lado téndoas pode supoñernos unha lesión que nos fastidie unha temporada.


mércores, 3 de xuño de 2020

ARTS AND CRAFTS 8 SEM- 3 AV

A tarefa de Arts desta semana ten que ver coa fotografía e co sol. Vai dirixida especialmente ao alumnado de 2° curso de Arts, pero como sempre, anímovos a todos a participar.
Trátase de facer unha foto a contraluz xogando co sol, usandoo como se fose unha bola. Este tipo de fotos plasman siluetas negras sobre un fondo iluminado, e cun pouco de imaxinación podemos conseguir resultados artísticos fabulosos.
A mellor hora do día para facela é na posta de sol, cando o sol esta baixo, ou no amencer.
Ides a precisar a axuda dun adulto para esta tarefa, e cun móbil será suficiente. Escoller un día con pouca nubosidade será importante para conseguir un mellor resultado (mañá e pasadomañá parece q serán días bastante despexados no solpor, e se non podedes seguro que para a vindeira semana, hai algún día despexado). A foto podedes quitala dende a praia, parque, monte, mirador, dende a casa, ou dende calquera outro lugar que vos apeteza.
O truco desta fotografía está en colocar un obxecto e ou persoa/as quieta/as na postura escollida, e moverse a persoa que vai a quitar a foto, alonxándose, acercándose ou desprazándose lateralmente para alinear o sol coa figura encuadrandoo no lugar desexado.
Non vos matedes en tratar de clarear a/as figura/as ou persoa /as que coloquedes diante do sol, porque van sair negras, e elo forma parte do encanto e do resultado que buscamos.
Nos esquezades mandarme a vosa creación ao correo de contacto: portodoson.ef@gmail.com.
Aquí vos deixo unhas ideas para que vexades de que vai a cousa, pero tratade de ser orixinais. Hai 1000 cousas para colocar diante do sol así como moitísimas posturas e situacións que recrear.

luns, 1 de xuño de 2020

ACTIVIDADES 1- 8 SEM- 3 AV

Hoxe a tarefa está relacionada coa alimentación. Tedes esta semana enteira para facela.
Todos sabemos a estas alturas que os nosos hábitos alimentarios están directamente relacionados coa saúde, o benestar e a calidade de vida. Por iso é moi importante que prestemos especial atención a todo aquilo que comemos, e valoremos seriamente cambiar no día a día eses alimentos ultraprocesados e con moito azucre, graxas saturadas, sal, por outros máis sans e naturais (foitas, verduras,...).

1º E 2º CURSO:
A vosa tarefa consistirá en coller diferentes alimentos pola casa, e separalos en 2 columnas. A un lado os alimentos pouco saudables, e ao outro os saudables (se o preferides podedes debuxalos nun papel).
Logo quitádeslle unha foto aos alimentos organizados nas 2 columnas e mandádelo ao correo de contacto: portodoson.ef@gmail.com
Déixovos unha clasificación que vai dos alimentos máis saudables aos menos. Centrádevos especialmente nos que están arriba e abaixo de todo.




3º E 4º CURSO:
Vós deberedes construir unha pirámide alimentaria con alimentos que teñades pola casa (ou facela debuxándoa nun papel se o preferides). A pirámide alimentaria reflexa a cantidade de cada tipo de alimentos que debemos inxerir . A base que é máis gande representa o que se debe inxerir en máis cantidade e na punta está representado aquilo do que debemos comer pouco.
Non necesitades poñer demasiados alimentos, con un ou dos de cada tipo é suficiente, pero colocádeos  correctamente seguindo a organización do debuxo que vos adxunto.
Cando a fagades, quitádelle unha foto e mandádea ao correo de contacto: portodoson.ef@gmail.com
Déixovos un exemplo de pirámide. Podedes buscar outra, máis ou menos todas representan o mesmo.




















5º E 6º CURSO:
Para a vosa tarefa deberedes descargar unha aplicación chamada "El CoCo".


Esta aplicación cataloga os alimentos mediante o seu código de barras, e aplicando 3 filtros: Nutriente Profile Model da OMS, o sistema brasileiro NOVA  de ultraprocesados e o Sistema de advertencias chileno,  ofrecéndonos unha puntuación sobre 10 en canto a alimento saudable.

  • Alimentos puntuados de 8 a 10 son altamente recomendables.
  • Alimentos puntuados de 5 a 7 son susceptibles de cambiar por outros mellores.
  • Alimentos puntuados de 0 a 4, deberiamos descartalos da nosa alimentación.


Podemos catalogar os alimentos en naturais(conservan a sua forma natural), procesados (foron lixeiramnte modificados engadindo aceites, sal, azucre...) e ultraprocesados (aqueles que son produto dunha importante elaboración engadíndolles demasiadas cousas e nos que pouco queda do alimento orixinal, sendo alimentos pouco saudables). Déixovos un pequeno artigo para que leades algo máis sobre o tema.

ALIMENTOS NATURAIS, PROCESADOS E ULTRAPROCESADOS

Todos aqueles alimentos que teñan contidos altos en azucre, graxas saturadas, sal (sodio) e incluso que sexan altamente calóricos, considéranse pouco saudables.

A vosa tarefa consistirá e coller varios alimentos que teñades por casa e escanearlle coa aplicación "El CoCo" o código de barras. Apareceravos unha puntuación sobre 10, e naqueles alimentos pouco ou nada recomendados engadiravos unha información sobre que cousas fan que teña esa puntuación (ultraprocesado, moito azucre,...).
Ollo! hai alimentos que non figuran na base de datos da app polo que non obteredes calificación. Probade con outros.
Escaneade códigos de barras de diferentes alimentos para que poidades obter diferentes calificacións. Estou seguro de que vos sorprenderedes ao comprobar que hai alimentos que considerábades saudables e que non o son tanto.
Todo o que escaneedes, quedará gravado no historial da app.
Logo deberedes mandarme ao correo de contacto: portodoson.ef@gmail.com,  3 capturas de pantalla da app onde se vexa un alimento puntuado de 0 a 4, outro de 5 a 7 e outro de 8 a 10 como estas:




E si vos apetece, nese correo podedes contarme a vosa experiencia coa app, que vos pareceu, se descubrichedes algo sobre algún alimento que vos sorprendera.

Para relizar unha captura de pantalla, hai varias formas de facelo e pode variar en función do dispositivo. Normalmente deben pulsarse á vez e de maneira prolongada 2 botóns. Desta maneira o que esteamos vendo no móbil, queda gardado na galería como unha foto.
Varias fomas de facelo son as seguintes:

  • Botón encendido máis botón inicio (O ovalado que hai no centro do móbil ou tablet debaixo da pantalla)
  • Botón encendido  máis botón baixar volumen


  • Botón encendido  máis botón subir volumen


Se ainda así non o consegues, busca en Google como facelo co teu dispositivo ou nun titorial de Youtube.
A tarefa que vos mando pode parecer longa por toda a información que vos dou pero veredes como non é para tanto e seguro que en canto lle pilledes o truco á APP ides a querer escanear todos os alimentos.

Por último gustariame rematar esta entrada coa acertada frase: "Somos o que comemos". Unha boa  alimentación xunto coa realización de actividade física, son garantías para medrar sans e fortes.

xoves, 28 de maio de 2020

ACTIVIDADES 2- 7 SEM- 3 AV

A segunda tarefa desta semana vai ser en bicicleta. Collédea e dádevos unha volta de 20 minutos, 40, ou unha hora. Podedes facelo dando voltas nun circuito que vos marquedes previamente se o preferides.
Escollede un sitio seguro sen coches.
Estamos nuns días de moita calor, así que facedeo ben pola mañá, rematando antes das 10, ou a partir das 20 da tarde.


mércores, 27 de maio de 2020

ARTS AND CRAFTS 7 SEM- 3 AV

Esta tarefa vai destinada ao alumnado de plástica de 2°, pero animo a calquera a intentalo.
Déixovos un titorial curtiño e bastante sinxeliño para crear un debuxo con efecto 3D.
Os pasos son bastante simples. Precisaredes un lapis, un rotulador negro e unha regra ou similar que vos permita trazar liñas.
Se vos animades a facelo, xa sabedes, sacádelle unha foto e mandádemo á direción de correo de contacto: portodoson.ef@gmail.com

FURADO 3D

luns, 25 de maio de 2020

ACTIVIDADES 1- 7 SEM- 3 AV

Hoxe a tarefa vai a ser teórica. Será curtiña para que non vos ocupe demasiado tempo. Non vos olvidedes de poñerlle nome e curso e de mandarma ao correo electrónico de contacto: portodoson.ef@gmail.com. Cunha foto dende un móbil é o máis rápido.

Cada curso ten a súa propia tarefa:


1º CURSO: Debúxate a ti mesmo/a de fronte e de costas. Logo rodea de azul as mans e pés dereitos de ambos debuxos. Rodea de vermello as mans e pés esquerdos. NOTA: non baixa nota se non se recoñecen correctamente ainda a dereita e a esquerda, polo que os/as pais /nais non debedes correxirllo nin axudarlles demasiado. É máis que nada para ir comprobando eu que nenos/as empezan a recoñecelas.


2º CURSO: Debúxate a ti mesmo/a e sinala as seguintes articulacións:

  • Xeonllo
  • Cóbado
  • Ombro
  • Nocello
  • Pulso
  • Cadeira
NOTA: Se tedes problemas con algún dos nomes en galego podedes consultalo aquí:



3º CURSO: Debúxate a ti mesmo/a e sinala os seguintes músculos:

  • Pectoral maior
  • Bíceps
  • Tríceps
  • Abdominais
  • Cuádriceps
  • Xemelgos


NOTA: Se fas 2 debuxos, un de fronte e outro de costas será máis fácil facer a tarefa.


4º CURSO: Debúxate a ti mesmo e sinala os seguintes músculos:

  • Pectoral maior
  • Dorsal ancho
  • Bíceps
  • Tríceps
  • Deltoides
  • Abdominais
  • Cuádriceps
  •  Isquiotibiais
  • Xemelgos

5º CURSO: Debuxa a columna vertebral e sinala os diferentes tipos de vértebras e cantas hai de cada tipo.

NOTA: Non é necesario un debuxo ao detalle. Pódese facer cunha simple liña respectando as curvaturas e indicando as diferentes zonas e número de vértebras que as compoñen. Outra opción é facer a liña coas curvas e sobre esta representar as vértebras mediante cadradiños.




6º CURSO: A columna vertebral é a principal estructura de sostén do noso esqueleto. Coidala é importantísimo para evitar dores e gañar en calidade de vida. 
Debuxaa e sinala os diferentes tipos de vértebras e cantas hai de cada tipo. 
Logo ao lado debuxa mediante unha liña 3 columnas vertebrais coas seguintes alteracións: Escoliosis, Hiperlordosis e hipercifosis.

NOTA: Non é necesario un debuxo ao detalle. Pódese facer cunha simple liña respectando as curvaturas e indicando as diferentes zonas e número de vértebras que as compoñen. Outra opción é facer a liña coas curvas e sobre esta representar as vértebras mediante cadradiños.
Para representar as alteracións da columna vertebral, debuxade tamén a silueta da persoa pare que quede claro se está de perfil ou de fronte. Isto é porque para ver a escolioisis a persoa debuxada estará de fronte e para as outras dúas debe estalo de perfil.






xoves, 21 de maio de 2020

ACTIVIDADES 2- 6 SEM- 3 AV



NIVEL 1
Collo un folio, poño o nome, curso e copio as seguintes preguntas deixando unespazo debaixo de cada unha para contestar.

1- Como respiro en repouso?

2- Noto latexar o corazón? Como é?

3- Como respiro despois de correr?

4- Noto latexar o corazón despois de correr? Como é?

Para contestalas imos a facer da seguinte maneira:

- Estando descansado/a, vou a fixarme na miña respiración. Como é? (Rápida, lenta, collo moito aire, ou pouco,...). Contesto a pregunta 1.
- Agora poño a man no peito a ver se sinto o corazón e contesto a pregunta 2.

-Agora toca botar unha carreira ata cansarme.

-Fíxome de novo na miña respiración e poño a man no peito para sentir o corazòn.
Contesto agora as preguntas 3 e 4.

Se facedes a actividade agradezo que me enviedes os vosos resultados: ramondguezlijo@gmail.com


NIVEL 2
Imos a traballar a medición das pulsacións. Acordádesvos como era? Na entrada do blog do 11 de maio chamada "ACTIVIDADES 1- 5 SEM- 3 AV" tedes unha imaxe coas zonas onde poder tomar o pulso.
Non pasa nada se credes que non o dades localizado ou non contades ben os latexos. Estamos aprendendo a facelo.
O que nos interesa é o número de veces que o voso corazón latexa por minuto. Ides a medir 6 segundos coa axuda dun reloxo ou cronómetro e contar o número de latexos nese tempo. Logo só hai que multiplicar por 10 (basta con engadir un cero ao resultado) e obteremos o número de veces que o voso corazón está a bater por minuto.
Por exemplo, si contei 14 latexos em 6 segundos.... Ao 14 engádolle un 0 e dame 140 pulasacións por minuto.

Ides a coller un papel calquera e facedes a man unha táboa similar a esta:



Logo tedes que seguir estes pasos:

  1. Tomo o pulso en repouso e anotoo na táboa que fixen ao lado de "Pulsacións en repouso"
  2. Dou 30 saltos á comba e xusto ao rematar volvo a tomalo pulso e anotoo ao lado de "30 saltos á comba"
  3. Descanso un minuto aproximadamente, e logo deste descanso volvo a medirme as pulsacións e anótoas no seguinte espazo.
  4. Por último volvo a dar 30 saltos á comba, medir as pulsacións e anotalas no último oco que me queda.
Se non vos saen os saltos á corda podedes sustituir os 30 saltos por 15 sentadillas.

Se facedes a actividade agradezo que me enviedes os vosos resultados: ramondguezlijo@gmail.com




NIVEL 3
Collemos un papel e facemos a man unha táboa  coma esta:


Imos a medir o pulso contando os latexos durante 10 segundos e logo multiplicando o resultado por 6.

Medimos o pulso en repouso e anotámolo  no primeiro espazo baldeiro da columna "Pulsacións en 10 segumdos".

Facemos 50 saltos á comba e tomamos pulsacións xusto ao rematar anotándoas no espazo correspondemte (debaixo do anterior).

Facemos agora 25 sentadillas e tomamos pulsacións ao rematar. Anotámolas de igual modo.
COMO FACER SENTADILLAS

Por último facemos 10 burpees, medimos o pulso e anotámolo.
COMO FACER BURPEES

Unha vez rematado, só temos que multiplicar cada resultado por 6 e anotalo ao lado na columna que se refire a pulsaciòns por minuto.

Consideracións: entre cada exercicio non se descansa, soamente o tempo que me leve tomar o pulso e anotalo na columna "Pulsacións en 10 segundos".

Se facedes a actividade agradezo que me enviedes os vosos resultados: ramondguezlijo@gmail.com

NON PASA NADA SE NON SODES CAPACES DE TOMAR BEN O PULSO. NON É UNHA TAREFA SINXELA. O QUE ME INTERESA É QUE FAGADES A ACTIVIDADE PARA VIVENCIALA E XA NUN FUTURO IREDES APRENDENDO A MEDIR MELLOR O PULSO.

Para mandalas por correo facémolo da maneira máis sinxela, quitando unha foto ao folio cun móbil.
As tarefas propostas poderiamos dicir dun modo xenérico que son o Nivel 1 para 1° e 2°, o Nivel 2 para 3° e 4°, e o nivel 3 para 5° e 6 °, pero cada alumno/a en particular pode escoller a que mellor se lle adapte.



mércores, 20 de maio de 2020

ARTS AND CRAFTS 6 SEM- 3 AV

Quen non xogou algunha vez cun avión de papel?
Hoxe quérovos presentar un planeador de papel cunha forma un pouco inusual, pero que é efectiva para o que nos interesa q é o voo.
Déixovos o enlace co titorial para facelo pero antes vou a darvos uns consellos.
Se tedes folios usados para tirar, empregade estes mellor que gastar un novo.
Á hora de pechar a figura en círculo podedes axudarvos  dun vaso ou calquer recipiente con borde circular que vos faga de molde para que non vos queden dobraduras q alteren a forma desexada.
Podedes empregar celofán como no vídeo ou pegamemto de barra.
Se tedes axuda para que o planeador quede o máis simétrico posible voará mellor. Se unha ala quédavos máis grande voará descompensado.
Cando o probedes, resultaravos mellor se non hai vento e se o lanzades dende unha altura para que teña máis recorrido. E probade a lanzalo con diferente forza, incluso deixandoo caer sen impulso a ver como conseguides mellor resultado.
Tede coidado de non botalo preto de onde circulen coches, nin deixalo tirado na rúa.
Por último non esquezades mandarme unha foto do resultado ao correo, e se queredes, un pequeno vídeo do planeador voando. Se optades polo vídeo é mellor baixarlle a calidade de imaxe á cámara para que o arquivo de vídeo non ocupe moito espazo e sexa máis doado de adxuntar a un correo electrónico.
E-mail de contacto: portodoson.ef@gmail.com

PLANEADOR DE PAPEL

luns, 18 de maio de 2020

ACTIVIDADES 1- 6 SEM- 3 AV

Hoxe imos a seguir con xogos tradicionais. Vou a poñervos 3 diferentes de máis sinxelo a máis complexo.

NIVEL 1
-BIRLOS
Xunto varias botellas de plástico baleiras e bótolles un chisco de auga para que teñan algo de peso. Cantas mási xunte máis divertido será. 
Marco no chan o lugar no que se vai a colocar cada birlo para saber na seguinte ronda onde van.
Dende unha distancia acordada, lanzarei 2 pelotas tratando de derribar o maior número de birlos (as pelotas podo facelas se quero con periódico e cinta de carrocero ou similar). Apunto tantos tantos como birlos derribe. Logo tócalle ao adversario e repite a ronda nas mesmas condicións.
Cando todos os xogadores tiraron na súa ronda, podemos na seguinte cambiar a disposición dos birlos no chan, acordándonos sempre de marcar os sitios nos que se van a colocar para xogar todos en igualdade de condicións.

Juego de bolos con botellas plásticas | Juegos con material ...

NIVEL 2
- CARREIRAS DE CHAPAS
Nunha superficie lisa, debuxades un circuito. podemos empregar un xiz ou un pedazo de tella, ladrillo,etc que nos pinte no chan. Debe ter curvas, e sobre todo ser bastante ancho (3-5 cuartas). Podedes poñerlle obstáculos tamén para facelo máis divertido.
Precisaredes tantas chapas de botella como xogadores. Colocádelas na liña de saída e boca arriba  para que deslicen mellor. Acordades cantos toques se poden dar en cada quenda (1, 2) e gaña o que primeiro chegue á meta. O que saia fóra deberá comezar de novo. Debedes acordar as regras en canto a se a chapa na liña estaría fóra ou dentro, se vale botar a outros fóra, etc...

CARRERAS DE CHAPAS

Tamén podedes facer a versión de interior,  dentro da casa usando todo tipo de cousas que se vos ocorran como podedes ver no seguinte vídeo:


NIVEL 3
- ESTORNELA OU BILLARDA
Antes de nada debedes ter moi claro que para xoga á billarda precisaremos dun espazo amplo con suficiente cancha libre. Super importante ter en conta esta medida de seguridade para non lesionar a ninguén nin romper nada.
Ides a precisar un pau duns 60- 80 cm (palán) e outro máis curto duns 15- 20 cm (billarda)
 cun extremo algo afiado para poder levantalo como no seguinte vídeo demostrativo:


Existen varias formas de xogar pero eu vouvos a falar dunha variedade  para xogar entre 2 persoas e na que se porán de manifesto as estimacións no cálculo matemático.

Marcamos a zona de salida, colocamos a billarda e golpeámola igual que no vídeo anterior tratando de lanzala o máis lonxe posible. Podemos poñer varios intentos máximos ata conseguir golpeala no aire e lanzala.
Logo o que lanzou ten que dicir cantos paláns (o pau que ten na man) cree que  hai dende a zona de saída ata onde se atopa agora a billarda. Por exemplo: cre que hai 20. Logo medímolos usando o palán.
Poden darse 3 situacións:
  • Pedíu 20 pero había máis (25 por exemplo): pois suma ao marcador os puntos que pedíu.
  • Pedíu 20 e había menos (17 por exemplo): os puntos van para o rival (os 20 que pediu). Evitamos a pillería de pedir de máis deste xeito.
  • Pedíu 20 e había 20 xustos: apúntase o dobre.
Deste xeito si é moi evidente que hai de sobra os paláns que se piden, xa non se mide e dánselle os puntos ao adversario.
Si é moi evidente que pideu de máis, mándollos medir para adxudicarmos eu.
Si a cousa vese que está aí xustiña, debo decidir se mando medir ou non sabendo que poden ir para el, para min ou que en caso de que o número sexa o exacto leva o dobre. En caso de que eu decida que non se miden, o adversario que lanzou leva os puntos que pediu obviamente.

Juegos, juguetes y mucho más.: Juego tradicional: Billarda o ...


.






xoves, 14 de maio de 2020

ACTIVIDADES 2- 5 SEM- 3 AV


Hoxe déixovos uns xogos tradicionais.
Domingo é o día das letras galegas e sempre nesta época xogamos a algúns deles para conmemoralo.
Iso sí, ides a ter que elaboralos para poder xogar con eles. Isto era moi típico en épocas pasadas onde non había tablets nin videoxogos nin incluso pelotas, pero os/as rapaces/as pasábano en grande igualmente. O feito de ter que facérense eles/as mesmos /as os seus xoguetes ademáis de supoñer un importante traballo manual, axudáballes a darlle ao cabeciña e ter que discurrir.


NIVEL 1
ZANCOS PSICOMOTRICIDADE
Zancos" amb 2 pots de llet amb pols nice to see that kids still ...
Deixovos un vídeo para facer os vosos propios zancos.
 Precisaredes de 2 botes de metal iguais nos que veñen algúns alimentos, un cordel, todo o que queirades para decoralo e sobre todo a axuda dun adulto para facelos.
Unha vez feitos podedes elaborar os vosos propios circuitos para probalos.

COMO FACER ZANCOS

NIVEL 2
RECEPTÁCULO CON BOTELLA
Ludos :: Profesorado :: Catálogo de juegos

Ides a precisar unha botella con asa como as de suavizante, deterxente líquido.... e unha pelota de tenis ou no seu defecto unha feita con periódico e cinta adhesiva.
Tedes que cortala (con axuda dun adulto) respectando a forma que podedes ver no debuxo deixando a asa intacta.
Podedes xogar a lanzala e collela con outra persoa, usar unha parede a modo frontón, facer 2 campos divididos por unha rede (calquer outra barreira ou mesmo unha liña) e poñer as regras que acordedes (pode dar 1 bote, 2 botes ou ningún para coller a bola, se non é punto para o rival,...).



NIVEL 3
FÚTBOL CHAPAS

EDUCACIÓN FÍSICA: Fútbol chapas en los recreos.
Preséntovos unha variante dos xogos tradicionais coas chapas que a máis de un/unha vos gustará. Ides a precisar unha superficie lisa enmoquetada a ser posible, pero vale calquera outra. Precisaredes 20 chapas de botella (xogadores de campo) e 2 tapóns de botella (porteiros).
Cunha caixa de zapatos ou similar, podedes cortala para obter as 2 porterías.
Se non tedes unha boliña de plástico sempre podedes facer a pelota cun pedazo de papel albal.
Só vos queda marcar as liñas.
Déixovos a continuación un titorial cas regras do xogo. Botádelle un ollo para saber por onde van os tiros pero recordede que coma en tódolos xogos, as regras finais sempre as acordaredes vós.

REGRAS FÚTBOL CHAPAS

mércores, 13 de maio de 2020

ARTS AND CRAFTS 5 SEM- 3AV

Hoxe mércores, déixovos unha manualidade que non vos vai a levar demasiado tempo. Iso sí, teredes que collerlle o truco. Vai destinada principalmente ao alumnado de Arts and Crafts de 2° curso, pero coma sempre anímovos ao resto tamén a facela.
Imos a facer un pato de papel. A técnica de facer figuras dobrando papel chámase origami, e é orixinaria do Xapòn (agora seguro que xa vos ten máis sentido o nome).
Lembraravos á ra que fixéchedes na clase. Esta figura é máis sinxela. Mirade un par de veces o vídeo antes, e logo á terceira vez, ídeo parando para que vos dea tempo a seguilo paso a paso. Fixádevos que ao folio que empreguedes debedes darlle forma de cadrado antes. A parte máis complicada da figura é a de revirar as dobraduras.
E por último non esquezades mandarmo ao correo se o fixéchedes para ver o ben que vos quedou.
portodoson.ef@gmail.com

PATO ORIGAMI

Déixovos un pequeno truco para facer o folio cadrado. Empregade unhas tesoiras para cortar pola liña marcada. O cúter en todo caso se tedes axuda dunha persoa adulta e sempre q sexa esta mesma a que o use.

CORTAR UN FOLIO EN CADRADO

luns, 11 de maio de 2020

ACTIVIDADES 1- 5 SEM- 3 AV

Déixovos as tarefas para estes primeros días desta nova semana. 3 Niveis para que cada quen escolla as que mellor se lle adapten, e en cada nivel, unha será para facer ao aire libre e outra na casa.

NIVEL 1
- Xogo das cores. Unha persoa nomea unha cor e hai que ir a tocar 3 cousas que teñan esa cor o máis rápido posible. Pódese contar o tempo cun cronómetro.
Ao rematar invírtense os papeis.
Pode repetirse tantas veces como se queira cambiando de cores.

BABY SHARK- COREOGRAFÍA INFANTIL


NIVEL 2
- Tomo as pulsacións. Para elo, localízoas cos dedos índice e medio dunha man ou ben no pescozo (arteria carótida) ou ben no pulso da outra man(arteria radial). Obsérvense os seguintes debuxos:

Resultado de imagen para 18 puntos anatomicos para tomar el pulso ...

Contarei as pulsacións que teño durante 6 segundos axudándome dun cronómetro. Ao resultado engádolle un 0.
Exemplo: Contei 12 pulsacións. Engado un 0, e danme de resultado 120 pulsacións por minuto.

Agora vou a correr durante 5 minutos. Podo facer un circuito e dar voltas.
Ao rematar o tempo, volvo facer o de antes para obter o meu pulso agora.
Por exemplo, contei 20 pulsacións agora, engado un 0, e sáenme 200 pulsacións por minuto.
 Comparo ambos resultados.

 DANCE MONKEY- EXERCICIO AERÓBICO/TONIFICACIÓN

NIVEL 3
- Tomo as pulsacións da mesma maneira que se explicou no nivel 2, pero vouno a facer durante 10 segundos (usando un cronómetro para saber cando rematan os 10 segundos).
O resultado final multiplícoo por 6 e obteño as pulsación que teño en 60 segundos, é dicir as miñas pulsacións por minuto. Anótoas.
Boto unha carreira de 5 minutos, e ao rematar, repito a operación de antes e anoto o novo pulso.
Agora boto unha carreira ao ritmo máis alto que poda entre 30 segundos e 1 minuto de duración. Volvo tomar o pulso.
Comparo os 3 resultados.

 DANCE MONKEY- ZUMBA



Non esquezades comentarme sobre todo a vosa experiencia coa toma de pulsacións. Non é sinxelo ao principio pero coa práctica conséguese. Ánimo!






xoves, 7 de maio de 2020

ACTIVIDADES 2- 4 SEM- 3AV

Hoxe déixovos, primeiro unhas cantas ideas para xogar con globos, e a continuacións uns bailes  curtiños e unha vistosa actividade de expresión corporal para traballar a coordinación
organizados en 3 niveis.

Se non podedes conseguir un globo, utilizade unha pelota de praia se a tedes. Será un pouco máis complexo neste caso pola velocidade á que se move con respecto a un globo.

10 Ideas para trabajar la EF con globos desde casa | El Valor de ...



NIVEL 1
JUST DANCE- A PIRATE YOU SHALL BE

NIVEL 2
JUST DANCE- OLD TOWN ROAD

NIVEL 3
Déixovos primeiro unha demostración de baile popping para que vexades o que é. Entraña unha gran dificultade e control corporal. Non é para que o fagades, só para que o vexades e disfrutedes.
A continuación un divertido reto para que tratedes de facer a onda cos brazos. Vai explicado paso a paso, con calma para ir practicandoo. Podedes usar un espello para vervos. Ánimo!

DEMOSTRACIÓN POPPING

TITORIAL ONDAS COS BRAZOS

mércores, 6 de maio de 2020

ARTS AND CRAFTS 4 SEM- 3 AV


Déixovos unha pequena manualidade (destinada especialmente ao alumnado de ARTS AND CRAFTS DE 2º, pero que calquera poderá facer).
Son 5 exemplos, pero só teriades que facer un. Escollede o que máis vos guste. Tamén podedes facer un animal diferente aos que saen no vídeo se o preferides.
Podedes usar pegamento de barra, silicona líquida, ou outros tipos de pegamentos pero non
pegamentos instantáneos nin silicona quente se non tedes axuda. Podedes usar tamén folios de cores, cartolinas, folios  brancos coloreados, e todo o que se vos ocorra e teñades ao voso alcance.
Moito ánimo e paciencia.
Non esquezades enviarme o resultado final ao correo de contacto: portodoson.ef@gmail.com

PAPER ROLL CRAFT

luns, 4 de maio de 2020

ACTIVIDADES 1- 4 SEM- 3 AV

Comezamos unha nova semana. Parece q teremos alternancia de nubes e claros con algún chuvasco estes primeiros días.
Haberá que estar atentos á prevision meteorolóxica (MeteoGalicia) para saber escoller o mellor momento para sair.
Van unhas actividades como o outro día, unhas de interior e outras de exterior, organizadas en 3 niveis, para que cada quen escolla as que mellor se adapten ás súas características, e tratar de facelas no momento e día que se prefira.

NIVEL  1

DIFERENTES DESPRAZAMENTOS:
Contades unha distancia de 20 pasos marcando a saída e a chegada.
Desprazarédesvos dunha a outra marca como si fósedes os seguintes animais:

  • Canguros
  • Monos
  • Gatos
  • Gaivotas
  • Cangrexos
  • Galiñas
Cantos máis animais se che ocorren que poidas imitar?


OCA DA EF
Realizaremos 10 repeticións do exercicio que nos toque.
Os exercicios 14 e 29 adaptarémolos e farémolos igual que o 19 (que será aguantar 10 segundos nesa posición)
Podemos facer un taboleiro simple nun papel da seguinte maneira ata o número 30, para levar a conta coa ficha de cada un/unha do número en que nos atopamos.





NIVEL 2

CARREIRA CONTINUA:
 Imos a tentar facer 5 minutos de carreira continua. Coa axuda dun cronómetro, para controlar o tempo, e imos trotar durante 5 minutos. Hai que coller un ritmo suave que vos permita aguantar. Tédelo feito xa, e sabedes a que me refiro. A actividade estará ben feita, se conseguides aguantar os 5 minutos sen pararvos a andar.
Logo podemos estirar un pouco. Aguantamos sobre 30 segundos cada posición notándo a tensión no músculo, pero sen que doia demasiado.


OCA DA EF 2
Podedes facer un marcador como se indicou no nivel anterior con 57 casillas para saber onde está cada un. Tedes que tirar o dado coma no xogo da oca e ir facendo o que vos vai tocando ata que un/unha gañe, chegando ao final.

NIVEL 3

CARREIRA CONTINUA:
 Imos a tentar facer 10 minutos de carreira continua. Usaremos un cronómetro, para controlar o tempo. Trotaremos durante 10 minutos. Hai que coller un ritmo suave que vos permita aguantar.  A actividade estará ben feita, se conseguides aguantar os 10 minutos sen pararvos a andar.
Logo podemos estirar un pouco. Tedes uns exercicos de estiramento no nivel anterior por se os necesitades.

TÁBOA DE EXERCICIOS
12 exercicios. Facer en orde: 1, 2, 3, 4, 5,...
30" de traballo, e 30" de descanso.
Ao rematar os 12, podemos se queremos volver a facer a ronda completa.
O número 2, realízase aguantando estáticos nesa posición contra unha parede.
O 3, farémolo apoiando os xeonllos no chan.
O 5, mellor facelo con algo máis estable que unha cadeira tipo pequeno muriño. De facelo en cadeira, tratar de fixala algo contra unha parede e extremar as precaucións.
O 7, farémolo máis doado flexionando algo os xeonllos en vez de ter a perna estirada de todo.
O 8, aguantar nesa postura.
O 11 farémolo sen baixar moito, só lixeiramente.
O 12, aguantar nesa postura.


xoves, 30 de abril de 2020

ACTIVIDADES 2- 3 SEM- 3 AV

Seguimos esta semana con outra proposta de actividades na liña anterior. Vendo a previsión meteorolóxica parece que ata sábado á tarde incluso domingo, teremos un tempo chuvioso.
Xa sabedes que non tedes por que facelas hoxe, incluso podedes facelas en días diferentes.
Déixovos unhas actividades en 3 niveis, para que cada un escolla cales lle conveñen máis, sendo unhas para exterior e outras para interior.

NIVEL 1

EXERCICIOS DE SALTOS:
Dar 10 saltos sobre unha perna avanzando cara adiante e 10 ca outra vindo de volta para chegar ao mesmo sitio.
Facer unha marca no chan. Dar 10 saltos cunha perna seguidos de 10 ca outra tratando de chegar o máis lonxe posible, e marco no chan.  Agora tentar facer ese mesmo tramos saltando coas dúas pernas e tratando de facelo en menos de 20 saltos. Repetilo unha vez máis intentando facelo en menos saltos ainda.

SESIÓN EN CASA- IOGA CONTO DAS MARIPOSAS

NIVEL 2

EXERCICIOS DE COMBA: 
Intentar facer 20 saltos á comba seguidos.
 Ao conseguilos tratar de facer 10 cara atrás.

SESIÓN EN CASA- PILATES PARA PRINCIPIANTES

NIVEL 3

EXERCICIOS DE COMBA:
Dar 50 saltos seguidos.
Intentar dar algún doble (a corda pasa 2 veces por abaixo mentres estou no aire).

SESIÓN EN CASA- PILATES

ARTS AND CRAFTS 3 SEM- 3 AV

 Esta entrada do blog, vai especialmente destinada ao alumnado de 2º curso. Recordade que podedes mandarme o voso debuxo ao correo electrónico de contacto: portodoson.ef@gmail.com, sacándolle unha foto cun móbil. Iso si, non esquezades poñerlle o nome.
Déixovos un sinxelo titorial para debuxar un oso polar paso a paso. Recomendo que o fagades primeiro a lápiz para poder borrar e correxir, e logo repasedes co rotulador.

POLAR BEAR

luns, 27 de abril de 2020

ACTIVIDADES 1- 3 SEM- 3AV

Vendo a previsión meteorolóxica, parece que hoxe o tempo vai ser malo, mañá á tarde en principio non nos choverá, e mércores á mañá tampouco. É importante que vexades a previsión do tempo de cada día para saber o mellor momento para sair.

Van agora varios tipos de actividades por niveis de dificultade. 3 son para facer con patíns aqueles/as que os teñades, 3 son de saltos e 3 son para facer na casa. Mirade e valorade as que mellor se adaptan a vós e que máis vos gusten:

NIVEL 1


NIVEL 2


NIVEL 3

CAMBIO DE ORGANIZACIÓN

Ola a todos/as. Debido ao cambio nas medidas de confinamento e dado que agora podedes sair cada día unha hora á rúa, entendo que a ides a aproveitar para movervos e facer actividade física. Non quero condicionarvos esa hora libre que é vosa para disfrutala como máis vos preste, pero si vou a deixarvos ideas de actividades que poderedes facer se queredes.
Non vou a agobiar cada día con cousas, senón que vou a publicalas un par de días á semana: luns e xoves por exemplo como se foran as 2 clases semanais q temos. Porei varios niveis de dificultade por exemplo 1, 2 e 3.
Se ben isto lévanos a pensar que poida ser:

NIVEL1: actividades para 1º E 2º
NIVEL 2: actividades para 3º E 4º
NIVEL 3: actividades para 5º E 6º

Debo dicir que é só unha orientación e non hai que seguila estrictamente xa que hai nenos/as máis pequenos que son capaces de facer cousas que outros/as máis maiores non son. Polo tanto que cada quen, bote un ollo e decida que actividades fai e que día/as.
Vouvos a deixar tamén algúns exemplos de actividades para facer na casa.
Sobre todo recordade, o importante é que vos movades tódolos días un pouco.

domingo, 26 de abril de 2020

NENOS/AS Á RÚA

Hoxe por fin comezades a poder sair á rúa. Recordade as indicacións e recomendacións. Non estamos ainda en situación normal e hai que extremar as precaucións. Respetade as distancias e non frecuentedes os parques xa que se consideran zonas de probabilidade de contaxio alta.
Cando saiades, que vos sirva para valorar a importancia das pequenas cousas, daquelo que no día a día non valoramos, como o simple feito de sair á rúa e respirar.
Vós igual non o sabedes, pero hai uns 80 anos, houbo xente que tivo que pasar uns 30 anos confinada na casa polas súas ideas políticas, agochada en sótanos e espazos ocultos nas casas. Coñéceselles coma os "topos", é fácil imaxinarse por que... Sí, dixen ben, 30 anos.
Pero bueno, esa é outra historia, simplemente para que vexades que estas cousas a veces tocan.
Disfrutade moito da saída que seguro nunca antes un paseo vos prestou tanto, e se vos apetece podedes comentarme o que sentíchedes ao vervos pola rúa de novo.
Agardo poder vervos pronto.


SUXERENCIA PARA DOMINGO 25-4-2020

Aí vos queda un challenge de coodinación e equilibrio con 2 pelotas. Se non  tedes 2 pelotas de tenis, podedes usar outras semellantes ou facelas con papel.

CHALLENGE PELOTAS TENIS

sábado, 25 de abril de 2020

SUXERENCIA PARA SÁBADO 25-04-2020

Seguimos mandando puntos de muiñeira. Hoxe ensínanse varios, sinxeliños de todo. A ver que tal...
Déixovos tamén o enlace á muiñeira de Lugo onde poderedes ver como a bailan en grupo, pero non é para que a imitedes, senón para que usedes a música e tentar facer sobre o ritmo da mesma os puntos aprendidos.

PUNTOS BÁSICOS DE MUIÑEIRA

MUIÑEIRA DE LUGO

venres, 24 de abril de 2020

SESIÓN PARA VENRES 24-4-2020

Hoxe preséntovos unha minisesión de funky (un estilo musical moi bailable) na que poderedes aprender unha coreografía paso a paso. Vanse practicando os movementos varias veces e engadindo un novo progresivamente.
Cantos pasos serás capaz de memorizar e lograr encadear?

SESIÓN FUNKY

Para os/as pequenos/as especialmente e os/as que vexades o funky complicado, déixovos 7 coreografías sinxeliñas para que lles botedes un ollo e tratedes de facer a que vos guste.

7 COREOGRAFÍAS SINXELAS

xoves, 23 de abril de 2020

SESIÓN PARA XOVES 23-4-2020

Ola, sabedes o que toca verdade. Que día é hoxe? Xoves.
Xoves = abdominais!
Pero hoxe vaivos nun formato que seguro que vos motiva máis: BABY SHARK CHALLENGE.
Non vos confiedes porque ainda tira.

ABDOMINAIS BABY SHARK 

Vouvos a deixar tamén varias cancións para xogar á goma. Necesitaredes conseguir unha goma algo longa. Se non tedes 2 persoas máis para xogar con vos, podedes coller un par de cadeiras das que usades para sentarvos a xantar por exemplo.

CANCIÓNS PARA A GOMA

mércores, 22 de abril de 2020

MASCARILLA

Hoxe quero darvos unha idea para facer unha máscara sinxeliña que vos poida ser de utilidade agora que ides a poder comezar a sair á rúa e se non tedes outra cousa mellor claro. Trátase dunha máscara caseira con papel de cociña, gomas e grapas. Podedes usar outros materiais por exemplo;  tela en lugar de papel, cordóns en vez de gomas, fios para atar en vez de grapas...

MASCARILLA CASERA

SESIÓN PARA HOXE MÉRCORES 22-4-2020

Para hoxe, temos unha sesión breve de ioga. Trátase dunha rutina de exercicios que sería boa facer cada día pola mañá e que nos axudará a preparar corpo e mente para afrontar o día con enerxía e autoconfianza.
Se vos gusta, podedes probar a incorporala durante uns días como rutina ao levantarvos, despois de beber un pouco de auga e antes de almorzar e ver se vos axuda a afrontar o día dunha mellor maneira.
Dura pouco (algo máis de 10 minutos). Mellor é velo enteiro unha primeira vez para saber de que vai, e logo ir pouco a pouco intentando imitar as posturas e sentindo o estiramento e a relaxación.

SESIÓN IOGA

Os/as pequenos/as podedes optar por esta opción máis sinxela e divertida para vós. E se vos gustou, probar a outra sesión tamén.

SESIÓN IOGA INFANTIL

martes, 21 de abril de 2020

SESIÓN PARA MARTES 21-4-2020

Para hoxe déixovos unha sesión de aeróbic bastante sinxela de seguir. Non debera supoñer un esforzo físico demasiado esixente.
 Agardo que sexa do voso agrado e que vos faga suar un pouco.

SESIÓN AERÓBIC


Para aqueles/as aos/ás que vos poida resultar complicado ou que non sexa do voso agrado, déixovos este divertido baile que algúns/ algunhas recordarán.

BAILE DO CADRADO

luns, 20 de abril de 2020

SESIÓN PARA LUNS 20-4-2020

Comezamos unha nova semana de confinamento. Agardo que esteades ben. Parece que non vai faltar moito xa para poder comezar a sair algo á rúa. A ver como evoluciona a cousa.
Polo de pronto seguimos entrenándonos na casa.
Déixovos unha sesión de tonificación para pernas e tronco a base de exercicios funcionais.

SESIÓN EXERCICIOS TONIFICACIÓN

domingo, 19 de abril de 2020

SUXERENCIA PARA DOMINGO 19-4-2020

Déixovos hoxe outro challenge. Necesitaredes a alguén que o faga con vós.
Poño o enlace tamén á canción completa.
A divertirse!

OH NANANA CHALLENGE

OH NANANA CANCIÓN

sábado, 18 de abril de 2020

SUXERENCIA PARA SÁBADO 18-4-2020

Vai un segundo punto de muiñeira. Non debería resultar demasiado complicado cun pouco de práctica.
Déixovos o enlace á famosa muiñeira de Chantada para o/a que se anime a bailala co punto aprendido.
Ademáis podedes refrescar o primeiro punto que vos puxera. Se ides á barra lateral do blog (se accededes dende un móbil, debedes seleccionar abaixo de todo "Ver versión web") atoparedes o índice, se pinchades en "muiñeira" sairanvos as 2 entradas de muiñeira que colguei.
Pouco a pouco irédesvos facendo cun pequeno repertorio de puntos básicos de muiñeira.
A darlle duro!

TITORIAL PUNTO MUIÑEIRA

MUIÑEIRA DE CHANTADA

venres, 17 de abril de 2020

SESIÓN PARA VENRES 17-4-2020

Hoxe preséntovos unha sesión de entrenamento cardiovascular que me pareceu moi orixinal.
É do estilo do aeròbic pero combinando movementos diferentes dende saltos, skipping, squats, golpes de artes marciais... e todo sincronizado cunha música e efectos sonoros dando lugar a unha estupenda coreografía. Ten momentos nos que pode resultar complicado pillar o paso, pero é bastante repetitivo polo que seguro que vos sairá mellor na seguinte secuencia.
Espero que vos faga suar!

SESIÓN CARDIO

xoves, 16 de abril de 2020

SESIÓN PARA XOVES 16-4-2020

Como cada xoves, volve a tocar o voso exercicio favorito, sabedes cal é verdade? Efectivamente abdominais.
Pero hoxe imos a tentar facérvolo un pouco máis entretido. Vouvos presentar un vídeo de 5 minutos de duración no que se ensinan 23 diferentes tipos de exercicios isométricos (isto quer dicir, estáticos, de aguantar ríxido sen moverse).
Ides a visionar o vídeo e escoller 5 dos 23 tipos de exercicios que se vos van a presentar, que serán os seguintes:

  1. Banana
  2. Boat
  3. Dead Bug
  4. Lower AB Plank
  5. Front Plank
  6. Bull dog
  7. Superman
  8. Posterior Plank
  9. Push Up Holds -Top
  10. Push Up Holds- Middle
  11. Push Up Holds- Bottom
  12. Bird Dog- Beginner
  13. Bird Dog- Advanced
  14. Glute Bridge Hold
  15. Bound Dog
  16. Handstand Hold
  17. Single arm Handstand Hold
  18. Wall Push Up
  19. Dip Hold
  20. Dip Hold L-Sit
  21. Pull Up Hold- Bottom
  22. Pull Up Hold- Middle
  23. Pull Up Hold- Top
Como vedes están en inglés, pero iso non impide poder facelo xa que é un vídeo moi visual.
Atención especial aos números 16 e 17 ( Handstand Hold e Single Arm Handstand Hold), só deben facelos aqueles/as que estades acostumados/as a facer o pino contra a parede, e con moito coidado.

Unha vez seleccionei os meus 5 exercicios vou a facelos un detrás de outro, aguantando 20 segundos a postura e descansando outros 20 segundos antes de pasar ao seguinte.
Ao rematar os 5, descanso 1 minuto, e volvo repetilos da mesma maneira que antes. Ao rematar os 5 de novo, descanso outro minuto e fágoos unha 3ª vez.
Así estaremos facendo:
3 Series de 5 Exercicios de 20" cada un con RECUPERACIÖN de 20" entre exercicios e 1´entre series.

Explicado doutro modo sería facer o seguinte:
  • Exercicio A- 20 segundos
  • DESCANSO- 20 segundos
  • Exercicio B- 20 segundo
  • DESCANSO- 20 segundos
  • Exercicio C- 20 segundos
  • DESCANSO- 20 segundo
  • Exercicio D- 20 segundos
  • DESCANSO- 20 segundos
  • Exercicio E- 20 segundos
  • DESCANSO- 1 minuto
E isto todo repetilo 2 veces máis.

O tempo controlámolo cun cronómetro da seguinte maneira:
0- 20"              Exercicio A
20"- 40"           Descanso
40"- 1 ´            Exercicio B
1´- 1´20"         Descanso
1´20"- 1´40"   Exercicio C
1,40"- 2´          Descanso
2´- 2´20"          Exercicio D
2´20"- 2´40"    Descanso
2´40"- 3´          Exercicio E
3'- 4´                Descanso Grande

4´- 4´20"            Exercicio A
4´20"- 4´40"      Descanso
4´40"- 5´           Exercicio B
5´- 5´20"           Descanso
5´20"- 5´40"     Exercicio C
5,40"- 6´           Descanso
6´- 6´20"           Exercicio D
6´20"- 6´40"     Descanso
6´40"- 7´           Exercicio E
7'- 8´                 Descanso Grande

8´- 8´20"             Exercicio A
8´20"- 8´40"       Descanso
8´40"- 9´             Exercicio B
9´- 9´20"             Descanso
9´20"- 9´40"        Exercicio C
9,40"- 10´            Descanso
10´- 10´20"          Exercicio D
10´20"- 10´40"    Descanso
10´40"- 11´          Exercicio E
                    FIN

Seino, menudo rollo... boh abdominales..... Intentádeo, experimentade a organización do entrenamento en series e repeticións. Só vos vai a levar 11 minutos. Espero que quedara claro na explicación como hai que facelo. 
Se non se entendeu ben, podedes tratar de facer aqueles exercicos do vídeo que máis vos gustaran mantendo a posición ata que vos comecedes a cansar.
Ánimo!

SESIÓN 23 EXERCICIOS ABDOMINAIS ISOMÉTRICOS