luns, 25 de maio de 2020

ACTIVIDADES 1- 7 SEM- 3 AV

Hoxe a tarefa vai a ser teórica. Será curtiña para que non vos ocupe demasiado tempo. Non vos olvidedes de poñerlle nome e curso e de mandarma ao correo electrónico de contacto: portodoson.ef@gmail.com. Cunha foto dende un móbil é o máis rápido.

Cada curso ten a súa propia tarefa:


1º CURSO: Debúxate a ti mesmo/a de fronte e de costas. Logo rodea de azul as mans e pés dereitos de ambos debuxos. Rodea de vermello as mans e pés esquerdos. NOTA: non baixa nota se non se recoñecen correctamente ainda a dereita e a esquerda, polo que os/as pais /nais non debedes correxirllo nin axudarlles demasiado. É máis que nada para ir comprobando eu que nenos/as empezan a recoñecelas.


2º CURSO: Debúxate a ti mesmo/a e sinala as seguintes articulacións:

  • Xeonllo
  • Cóbado
  • Ombro
  • Nocello
  • Pulso
  • Cadeira
NOTA: Se tedes problemas con algún dos nomes en galego podedes consultalo aquí:



3º CURSO: Debúxate a ti mesmo/a e sinala os seguintes músculos:

  • Pectoral maior
  • Bíceps
  • Tríceps
  • Abdominais
  • Cuádriceps
  • Xemelgos


NOTA: Se fas 2 debuxos, un de fronte e outro de costas será máis fácil facer a tarefa.


4º CURSO: Debúxate a ti mesmo e sinala os seguintes músculos:

  • Pectoral maior
  • Dorsal ancho
  • Bíceps
  • Tríceps
  • Deltoides
  • Abdominais
  • Cuádriceps
  •  Isquiotibiais
  • Xemelgos

5º CURSO: Debuxa a columna vertebral e sinala os diferentes tipos de vértebras e cantas hai de cada tipo.

NOTA: Non é necesario un debuxo ao detalle. Pódese facer cunha simple liña respectando as curvaturas e indicando as diferentes zonas e número de vértebras que as compoñen. Outra opción é facer a liña coas curvas e sobre esta representar as vértebras mediante cadradiños.




6º CURSO: A columna vertebral é a principal estructura de sostén do noso esqueleto. Coidala é importantísimo para evitar dores e gañar en calidade de vida. 
Debuxaa e sinala os diferentes tipos de vértebras e cantas hai de cada tipo. 
Logo ao lado debuxa mediante unha liña 3 columnas vertebrais coas seguintes alteracións: Escoliosis, Hiperlordosis e hipercifosis.

NOTA: Non é necesario un debuxo ao detalle. Pódese facer cunha simple liña respectando as curvaturas e indicando as diferentes zonas e número de vértebras que as compoñen. Outra opción é facer a liña coas curvas e sobre esta representar as vértebras mediante cadradiños.
Para representar as alteracións da columna vertebral, debuxade tamén a silueta da persoa pare que quede claro se está de perfil ou de fronte. Isto é porque para ver a escolioisis a persoa debuxada estará de fronte e para as outras dúas debe estalo de perfil.






Ningún comentario:

Publicar un comentario