xoves, 21 de maio de 2020

ACTIVIDADES 2- 6 SEM- 3 AV



NIVEL 1
Collo un folio, poño o nome, curso e copio as seguintes preguntas deixando unespazo debaixo de cada unha para contestar.

1- Como respiro en repouso?

2- Noto latexar o corazón? Como é?

3- Como respiro despois de correr?

4- Noto latexar o corazón despois de correr? Como é?

Para contestalas imos a facer da seguinte maneira:

- Estando descansado/a, vou a fixarme na miña respiración. Como é? (Rápida, lenta, collo moito aire, ou pouco,...). Contesto a pregunta 1.
- Agora poño a man no peito a ver se sinto o corazón e contesto a pregunta 2.

-Agora toca botar unha carreira ata cansarme.

-Fíxome de novo na miña respiración e poño a man no peito para sentir o corazòn.
Contesto agora as preguntas 3 e 4.

Se facedes a actividade agradezo que me enviedes os vosos resultados: ramondguezlijo@gmail.com


NIVEL 2
Imos a traballar a medición das pulsacións. Acordádesvos como era? Na entrada do blog do 11 de maio chamada "ACTIVIDADES 1- 5 SEM- 3 AV" tedes unha imaxe coas zonas onde poder tomar o pulso.
Non pasa nada se credes que non o dades localizado ou non contades ben os latexos. Estamos aprendendo a facelo.
O que nos interesa é o número de veces que o voso corazón latexa por minuto. Ides a medir 6 segundos coa axuda dun reloxo ou cronómetro e contar o número de latexos nese tempo. Logo só hai que multiplicar por 10 (basta con engadir un cero ao resultado) e obteremos o número de veces que o voso corazón está a bater por minuto.
Por exemplo, si contei 14 latexos em 6 segundos.... Ao 14 engádolle un 0 e dame 140 pulasacións por minuto.

Ides a coller un papel calquera e facedes a man unha táboa similar a esta:



Logo tedes que seguir estes pasos:

  1. Tomo o pulso en repouso e anotoo na táboa que fixen ao lado de "Pulsacións en repouso"
  2. Dou 30 saltos á comba e xusto ao rematar volvo a tomalo pulso e anotoo ao lado de "30 saltos á comba"
  3. Descanso un minuto aproximadamente, e logo deste descanso volvo a medirme as pulsacións e anótoas no seguinte espazo.
  4. Por último volvo a dar 30 saltos á comba, medir as pulsacións e anotalas no último oco que me queda.
Se non vos saen os saltos á corda podedes sustituir os 30 saltos por 15 sentadillas.

Se facedes a actividade agradezo que me enviedes os vosos resultados: ramondguezlijo@gmail.com




NIVEL 3
Collemos un papel e facemos a man unha táboa  coma esta:


Imos a medir o pulso contando os latexos durante 10 segundos e logo multiplicando o resultado por 6.

Medimos o pulso en repouso e anotámolo  no primeiro espazo baldeiro da columna "Pulsacións en 10 segumdos".

Facemos 50 saltos á comba e tomamos pulsacións xusto ao rematar anotándoas no espazo correspondemte (debaixo do anterior).

Facemos agora 25 sentadillas e tomamos pulsacións ao rematar. Anotámolas de igual modo.
COMO FACER SENTADILLAS

Por último facemos 10 burpees, medimos o pulso e anotámolo.
COMO FACER BURPEES

Unha vez rematado, só temos que multiplicar cada resultado por 6 e anotalo ao lado na columna que se refire a pulsaciòns por minuto.

Consideracións: entre cada exercicio non se descansa, soamente o tempo que me leve tomar o pulso e anotalo na columna "Pulsacións en 10 segundos".

Se facedes a actividade agradezo que me enviedes os vosos resultados: ramondguezlijo@gmail.com

NON PASA NADA SE NON SODES CAPACES DE TOMAR BEN O PULSO. NON É UNHA TAREFA SINXELA. O QUE ME INTERESA É QUE FAGADES A ACTIVIDADE PARA VIVENCIALA E XA NUN FUTURO IREDES APRENDENDO A MEDIR MELLOR O PULSO.

Para mandalas por correo facémolo da maneira máis sinxela, quitando unha foto ao folio cun móbil.
As tarefas propostas poderiamos dicir dun modo xenérico que son o Nivel 1 para 1° e 2°, o Nivel 2 para 3° e 4°, e o nivel 3 para 5° e 6 °, pero cada alumno/a en particular pode escoller a que mellor se lle adapte.



Ningún comentario:

Publicar un comentario