Quen non xogou algunha vez cun avión de papel?
Hoxe quérovos presentar un planeador de papel cunha forma un pouco inusual, pero que é efectiva para o que nos interesa q é o voo.
Déixovos o enlace co titorial para facelo pero antes vou a darvos uns consellos.
Se tedes folios usados para tirar, empregade estes mellor que gastar un novo.
Á hora de pechar a figura en círculo podedes axudarvos dun vaso ou calquer recipiente con borde circular que vos faga de molde para que non vos queden dobraduras q alteren a forma desexada.
Podedes empregar celofán como no vídeo ou pegamemto de barra.
Se tedes axuda para que o planeador quede o máis simétrico posible voará mellor. Se unha ala quédavos máis grande voará descompensado.
Cando o probedes, resultaravos mellor se non hai vento e se o lanzades dende unha altura para que teña máis recorrido. E probade a lanzalo con diferente forza, incluso deixandoo caer sen impulso a ver como conseguides mellor resultado.
Tede coidado de non botalo preto de onde circulen coches, nin deixalo tirado na rúa.
Por último non esquezades mandarme unha foto do resultado ao correo, e se queredes, un pequeno vídeo do planeador voando. Se optades polo vídeo é mellor baixarlle a calidade de imaxe á cámara para que o arquivo de vídeo non ocupe moito espazo e sexa máis doado de adxuntar a un correo electrónico.
E-mail de contacto: portodoson.ef@gmail.com
PLANEADOR DE PAPEL
Ningún comentario:
Publicar un comentario