Hoxe mércores, déixovos unha manualidade que non vos vai a levar demasiado tempo. Iso sí, teredes que collerlle o truco. Vai destinada principalmente ao alumnado de Arts and Crafts de 2° curso, pero coma sempre anímovos ao resto tamén a facela.
Imos a facer un pato de papel. A técnica de facer figuras dobrando papel chámase origami, e é orixinaria do Xapòn (agora seguro que xa vos ten máis sentido o nome).
Lembraravos á ra que fixéchedes na clase. Esta figura é máis sinxela. Mirade un par de veces o vídeo antes, e logo á terceira vez, ídeo parando para que vos dea tempo a seguilo paso a paso. Fixádevos que ao folio que empreguedes debedes darlle forma de cadrado antes. A parte máis complicada da figura é a de revirar as dobraduras.
E por último non esquezades mandarmo ao correo se o fixéchedes para ver o ben que vos quedou.
portodoson.ef@gmail.com
PATO ORIGAMI
Déixovos un pequeno truco para facer o folio cadrado. Empregade unhas tesoiras para cortar pola liña marcada. O cúter en todo caso se tedes axuda dunha persoa adulta e sempre q sexa esta mesma a que o use.
CORTAR UN FOLIO EN CADRADO
Ningún comentario:
Publicar un comentario