NIVEL 1
-BIRLOS
Xunto varias botellas de plástico baleiras e bótolles un chisco de auga para que teñan algo de peso. Cantas mási xunte máis divertido será.
Marco no chan o lugar no que se vai a colocar cada birlo para saber na seguinte ronda onde van.
Dende unha distancia acordada, lanzarei 2 pelotas tratando de derribar o maior número de birlos (as pelotas podo facelas se quero con periódico e cinta de carrocero ou similar). Apunto tantos tantos como birlos derribe. Logo tócalle ao adversario e repite a ronda nas mesmas condicións.
Cando todos os xogadores tiraron na súa ronda, podemos na seguinte cambiar a disposición dos birlos no chan, acordándonos sempre de marcar os sitios nos que se van a colocar para xogar todos en igualdade de condicións.
NIVEL 2
- CARREIRAS DE CHAPAS
Nunha superficie lisa, debuxades un circuito. podemos empregar un xiz ou un pedazo de tella, ladrillo,etc que nos pinte no chan. Debe ter curvas, e sobre todo ser bastante ancho (3-5 cuartas). Podedes poñerlle obstáculos tamén para facelo máis divertido.
Precisaredes tantas chapas de botella como xogadores. Colocádelas na liña de saída e boca arriba para que deslicen mellor. Acordades cantos toques se poden dar en cada quenda (1, 2) e gaña o que primeiro chegue á meta. O que saia fóra deberá comezar de novo. Debedes acordar as regras en canto a se a chapa na liña estaría fóra ou dentro, se vale botar a outros fóra, etc...
Tamén podedes facer a versión de interior, dentro da casa usando todo tipo de cousas que se vos ocorran como podedes ver no seguinte vídeo:
NIVEL 3
- ESTORNELA OU BILLARDA
Antes de nada debedes ter moi claro que para xoga á billarda precisaremos dun espazo amplo con suficiente cancha libre. Super importante ter en conta esta medida de seguridade para non lesionar a ninguén nin romper nada.
Ides a precisar un pau duns 60- 80 cm (palán) e outro máis curto duns 15- 20 cm (billarda)
cun extremo algo afiado para poder levantalo como no seguinte vídeo demostrativo:
Existen varias formas de xogar pero eu vouvos a falar dunha variedade para xogar entre 2 persoas e na que se porán de manifesto as estimacións no cálculo matemático.
Marcamos a zona de salida, colocamos a billarda e golpeámola igual que no vídeo anterior tratando de lanzala o máis lonxe posible. Podemos poñer varios intentos máximos ata conseguir golpeala no aire e lanzala.
Logo o que lanzou ten que dicir cantos paláns (o pau que ten na man) cree que hai dende a zona de saída ata onde se atopa agora a billarda. Por exemplo: cre que hai 20. Logo medímolos usando o palán.
Poden darse 3 situacións:
- Pedíu 20 pero había máis (25 por exemplo): pois suma ao marcador os puntos que pedíu.
- Pedíu 20 e había menos (17 por exemplo): os puntos van para o rival (os 20 que pediu). Evitamos a pillería de pedir de máis deste xeito.
- Pedíu 20 e había 20 xustos: apúntase o dobre.
Deste xeito si é moi evidente que hai de sobra os paláns que se piden, xa non se mide e dánselle os puntos ao adversario.
Si é moi evidente que pideu de máis, mándollos medir para adxudicarmos eu.
Si a cousa vese que está aí xustiña, debo decidir se mando medir ou non sabendo que poden ir para el, para min ou que en caso de que o número sexa o exacto leva o dobre. En caso de que eu decida que non se miden, o adversario que lanzou leva os puntos que pediu obviamente.
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario