Coronavirus

Estamos ante unha situación anómala que nós, nunca antes viviramos, pero que sí se deu máis veces ao longo da historia (peste negra, gripe española...) Estamos ante unha pandemia (é dicir, unha epidemia que afecta a todo o planeta) causada por un coronavirus que se orixinou en China.
 Pero, por que é tan malo este virus?
 O virus en si, non é que sexa tan letal para un infectado coma outros (ébola por exemplo), e seguindo os datos da comunidada científica, explícase co 80/15/5:
 -O 80% dos infectados apenas amosarán sintomatoloxía
 -O 15% pode sufrir neumonía e precisará tratamento
-O 5% restante terá serias complicacións e necesitará ingresar na UCI
 Estos datos son similares aos da gripe.
 Pero entón, que facemos confinados nas casas?
 Estamos confinados mantendo unha cuarentena porque o verdadeiramente perigose deste virus é a súa facilidade para propagarse, é dicir que en pouco tempo poden contaxiarse un número elevado de persoas. E ainda que só 5 de cada 100 persoas vaian a presentar complicacións e precisar de ingreso hospitalario, se o número de contaxiados é moi elevado e prodúcense todos á vez, o 5% supón unha cantidade de xente suficiente como para que non haxa camas para todos.
 Imaxinádevos que cada alumno/a do Santa Irene torce un pé nalgún momento do ano e precisa ir ao centro de saúde. O/a pediatra atenderiavos ese día cando vos tocara a vez sen demasiados problemas. Agora imaxinade se no mesmo recreo torcérades todos/as o pé e precisárades de atención médica. Credes que daría abasto o/a médico/a para atendervos a todos/as os que torcéchedes o pé e ao resto de pacientes que ten? Isto é o que está sucedendo co coronavirus, afectando especialmente á poboación de idade máis avanzada que é a que soe presentar complicacións. A vós, é pouco probable (non imposible) que vos poida facer dano, pero vós podedes transmitirllo aos/ás vosos/as avós/ás, que nalgún caso precisarán dun respirador que igual non está dispoñible porque están todos ocupados.
Por todo elo, sede responsables, mantede as medidas de prevención que se recomendan, lavádevos ben as mans con frecuencia e sobre todo, quedade na casa!

Ningún comentario:

Publicar un comentario