venres, 19 de xuño de 2020

FIN DE CURSO

Logo dun 3º trimestre tan estraño para todos/as toca despedir o curso.
Esta última semana non vos puxen ningunha tarefa, primeiro porque coma sempre facemos trátase unha semana que vos deixaría libre en condición normais, e segundo porque considerei que xa bastante esforzo fixéchedes este trimestre.
Tedes un verán por diante agora, que ben merecido o tedes, pero si podo darvos un consello, aproveitádeo con actividades lúdicas produtivas.
 Dende o punto de vista deportivo, tedes mil opcións de ocio activo como por exemplo andar en bici, patinar, correr, xogar coa pelota... por non falar de todo o que vos ofrece a praia: nadar, bucear, xogar ás palas...
Facer manualidades, pintar... tamén son tarefas moi agradecidas que vos recomendo encarecidamente.
Ler algún libro que vos guste, xogar ao xadrez... máis do mesmo.
O verán logo pasa e en nada estaremos comezando un novo curso que seguro todos e todas colleremos con máis ganas que nunca.
Ao alumnado de 6º que marcha, desexarlle todo o mellor na nova etapa que inicia e agradecerlle as vivencias compartidas estes anos. Botarémosvos de menos pero sobre todo alegrámonos de vervos iniciar unha nova andaina na vida e seguir medrando e aprendendo. Aquí tedes a vosa casa, e seredes benvidos sempre que queirades visitarnos.
A todos/as, bo verán e ata pronto!





Ningún comentario:

Publicar un comentario