luns, 1 de xuño de 2020

ACTIVIDADES 1- 8 SEM- 3 AV

Hoxe a tarefa está relacionada coa alimentación. Tedes esta semana enteira para facela.
Todos sabemos a estas alturas que os nosos hábitos alimentarios están directamente relacionados coa saúde, o benestar e a calidade de vida. Por iso é moi importante que prestemos especial atención a todo aquilo que comemos, e valoremos seriamente cambiar no día a día eses alimentos ultraprocesados e con moito azucre, graxas saturadas, sal, por outros máis sans e naturais (foitas, verduras,...).

1º E 2º CURSO:
A vosa tarefa consistirá en coller diferentes alimentos pola casa, e separalos en 2 columnas. A un lado os alimentos pouco saudables, e ao outro os saudables (se o preferides podedes debuxalos nun papel).
Logo quitádeslle unha foto aos alimentos organizados nas 2 columnas e mandádelo ao correo de contacto: portodoson.ef@gmail.com
Déixovos unha clasificación que vai dos alimentos máis saudables aos menos. Centrádevos especialmente nos que están arriba e abaixo de todo.




3º E 4º CURSO:
Vós deberedes construir unha pirámide alimentaria con alimentos que teñades pola casa (ou facela debuxándoa nun papel se o preferides). A pirámide alimentaria reflexa a cantidade de cada tipo de alimentos que debemos inxerir . A base que é máis gande representa o que se debe inxerir en máis cantidade e na punta está representado aquilo do que debemos comer pouco.
Non necesitades poñer demasiados alimentos, con un ou dos de cada tipo é suficiente, pero colocádeos  correctamente seguindo a organización do debuxo que vos adxunto.
Cando a fagades, quitádelle unha foto e mandádea ao correo de contacto: portodoson.ef@gmail.com
Déixovos un exemplo de pirámide. Podedes buscar outra, máis ou menos todas representan o mesmo.




















5º E 6º CURSO:
Para a vosa tarefa deberedes descargar unha aplicación chamada "El CoCo".


Esta aplicación cataloga os alimentos mediante o seu código de barras, e aplicando 3 filtros: Nutriente Profile Model da OMS, o sistema brasileiro NOVA  de ultraprocesados e o Sistema de advertencias chileno,  ofrecéndonos unha puntuación sobre 10 en canto a alimento saudable.

  • Alimentos puntuados de 8 a 10 son altamente recomendables.
  • Alimentos puntuados de 5 a 7 son susceptibles de cambiar por outros mellores.
  • Alimentos puntuados de 0 a 4, deberiamos descartalos da nosa alimentación.


Podemos catalogar os alimentos en naturais(conservan a sua forma natural), procesados (foron lixeiramnte modificados engadindo aceites, sal, azucre...) e ultraprocesados (aqueles que son produto dunha importante elaboración engadíndolles demasiadas cousas e nos que pouco queda do alimento orixinal, sendo alimentos pouco saudables). Déixovos un pequeno artigo para que leades algo máis sobre o tema.

ALIMENTOS NATURAIS, PROCESADOS E ULTRAPROCESADOS

Todos aqueles alimentos que teñan contidos altos en azucre, graxas saturadas, sal (sodio) e incluso que sexan altamente calóricos, considéranse pouco saudables.

A vosa tarefa consistirá e coller varios alimentos que teñades por casa e escanearlle coa aplicación "El CoCo" o código de barras. Apareceravos unha puntuación sobre 10, e naqueles alimentos pouco ou nada recomendados engadiravos unha información sobre que cousas fan que teña esa puntuación (ultraprocesado, moito azucre,...).
Ollo! hai alimentos que non figuran na base de datos da app polo que non obteredes calificación. Probade con outros.
Escaneade códigos de barras de diferentes alimentos para que poidades obter diferentes calificacións. Estou seguro de que vos sorprenderedes ao comprobar que hai alimentos que considerábades saudables e que non o son tanto.
Todo o que escaneedes, quedará gravado no historial da app.
Logo deberedes mandarme ao correo de contacto: portodoson.ef@gmail.com,  3 capturas de pantalla da app onde se vexa un alimento puntuado de 0 a 4, outro de 5 a 7 e outro de 8 a 10 como estas:




E si vos apetece, nese correo podedes contarme a vosa experiencia coa app, que vos pareceu, se descubrichedes algo sobre algún alimento que vos sorprendera.

Para relizar unha captura de pantalla, hai varias formas de facelo e pode variar en función do dispositivo. Normalmente deben pulsarse á vez e de maneira prolongada 2 botóns. Desta maneira o que esteamos vendo no móbil, queda gardado na galería como unha foto.
Varias fomas de facelo son as seguintes:

  • Botón encendido máis botón inicio (O ovalado que hai no centro do móbil ou tablet debaixo da pantalla)
  • Botón encendido  máis botón baixar volumen


  • Botón encendido  máis botón subir volumen


Se ainda así non o consegues, busca en Google como facelo co teu dispositivo ou nun titorial de Youtube.
A tarefa que vos mando pode parecer longa por toda a información que vos dou pero veredes como non é para tanto e seguro que en canto lle pilledes o truco á APP ides a querer escanear todos os alimentos.

Por último gustariame rematar esta entrada coa acertada frase: "Somos o que comemos". Unha boa  alimentación xunto coa realización de actividade física, son garantías para medrar sans e fortes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario