domingo, 26 de abril de 2020

NENOS/AS Á RÚA

Hoxe por fin comezades a poder sair á rúa. Recordade as indicacións e recomendacións. Non estamos ainda en situación normal e hai que extremar as precaucións. Respetade as distancias e non frecuentedes os parques xa que se consideran zonas de probabilidade de contaxio alta.
Cando saiades, que vos sirva para valorar a importancia das pequenas cousas, daquelo que no día a día non valoramos, como o simple feito de sair á rúa e respirar.
Vós igual non o sabedes, pero hai uns 80 anos, houbo xente que tivo que pasar uns 30 anos confinada na casa polas súas ideas políticas, agochada en sótanos e espazos ocultos nas casas. Coñéceselles coma os "topos", é fácil imaxinarse por que... Sí, dixen ben, 30 anos.
Pero bueno, esa é outra historia, simplemente para que vexades que estas cousas a veces tocan.
Disfrutade moito da saída que seguro nunca antes un paseo vos prestou tanto, e se vos apetece podedes comentarme o que sentíchedes ao vervos pola rúa de novo.
Agardo poder vervos pronto.


Ningún comentario:

Publicar un comentario