Hoxe quero presentarvos un métode de entrenamento chamado Animal Flow. Como o seu nome indica ten que ver con movementos de animais.
Por que animal flow? Vale realmentre para algo?
Por suposto, pois trátase dun tipo de exercicio que nos axuda a mellorar o control corporal, a coordinación e o equilibrio, a movilidade e flexibilidade, a forza, as aptitudes atléticas e a expresión corporal.
Bebendo de fontes como a calistenia, a capoeira, o ioga, a danza contemporánea e baile urbano, e as artes marciais, preséntovos unha forma de facer exercicio que copia os movementos dos animais permitíndonos desenvolver un corpo equilibrado e funcional.
Existen modalidades similares ao Animal Flow como The Zuu, o método Ido Portal ou o entrenamento natural.
A particularidade do Animal Flow é que os movementos deben realizarse dunha forma sixilosa e lenta pero fuída buscando o control corporal e non dunha forma dinámica e rápida. Esixe de concentración para poder controlar cada segmento corporal como parte dun todo harmónico.
Deixovos 2 vídeos: o primeiro de demostración para que vexades de que vai isto, o segundo con movementos de animais para que intentedes copialos. A maioría son asequibles pero hainos realmente complicados coma o do camaleón. Centrádevos naqueles que vexades que podedes facer.
De cantas máis formas se vos ocorre que podedes movervos coma un animal?
Tentade facelo nun chan que sexa algo brando: esterilla, alfombra, herba, etc... e quentade un pouquiño antes, tumbándovos no chan e levantándovos unhas 10 veces boca abaixo e outras 10 boca arriba.
DEMOSTRACIÓN ANIMAL FLOW
10 EXERCICIOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario