Hoxe quero presentarvos unha actividade q fusiona o aerobic con bailes latinoamericamos, e que se popularizou baixo a marca Zumba. Naceu en Colombia, pensada para mellorar a condición física e a saúde a través dos movementos expresivos.
Comprobaredes a diferenza que ten co aerobic ao introducir movementos máis próximos á danza. Cantos máis pasos de baile e menos de aerobic clásico ten a actividade, máis difícil será de seguir debido a complexidade q ten a danza.
Se pensamos en actividades físicas como unha carreira, un partido de fútbol, un combate de artes marciais... supoñen todos eles unha manifestación do movemento relacionada coa mellora do desenvolvemento corporal e o rendemento físico : correr máis rápido, meter máis goles, acertar cos golpes e que non me den a min... Co movemento expresivo aparece a función estética, é dicir, o que se busca non é a eficacia ou eficiencia na consecución dun obxectivo, senón moverse de forma estética, elegante, bonita.
A actividade que vos presento hoxe ten unha finalidade de acondicionamento físico pero a través de movementos máis expresivos que os movementos funcionais de onte.
Déixovos 2 enlaces, o primeiro con pasos máis doados e un segundo para aqueles/as que se quedarom con ganas de máis.
ZUMBA PRINCIPIANTES
ZUMBA AVANZADA
Hola Ramón! E algo difícil o principiante.Pois imaxínate o avanzado.
ResponderEliminarOla, grazas por comentar no blog.
ResponderEliminarConsidero que non che falta razón, as actividades relacionadas coa danza esixen de patróns de movemento bastante complexos en comparación con outras actividades, e máis ainda cando non estamos demasido familiarizados con elas. A min persoalmente sucédeme así, pois ao longo da miña vida foron o tipo de actividades físico-deportivas ás que menos tempo adiquei.
De igual modo que controlar un balón co pé tras un pase dun/dunha compañeiro/a pode ser unha tarefa complicada para quen non está acostumado a xogar ao fútbol, mentres que os/as que sí están habituados son capaces de enganchala de volea e disparar dirixíndo o balón a un obxectivo cando o pase ven dende lonxe, polo aire e a gran velocidade; coas actividades artístico expresivas sucéde un pouco o mesmo. Hai alumnos/as, aos/as que practican o baile habitualmente, para os/as que seguir unha coreografía non moi complicada, resúltalles doado.
Dende este blog intento ofrecer un catálogo de actividades variado, pensando en que hai alumnos/as aos/ás que lles resulta un tostón realizar exercicios repetitivos como (20 sentadillas, 10 planchas, 25 abdominais,...) e en cambio aceptan de boa gana as actividades rítmicas.
Cando vemos dificultades á hora de abordar unha tarefa, necesitamos simplificala dalgún modo . Indo ao vídeo de zumba para principiantes ocórrenseme varias maneiras:
- A primeira metade do vídeo é máis sinxela que a segunda. Centrarme en facer 2 veces a primeira parte e obviar a segunda cando se empeza a complicar.
- Centrarme só nos pés e esquecer os brazos. Se vexo que conseguín os automatismos xa nos pés, facer outro intento tentando incorporar brazos.
- Asumir 3- 4 pasos soamente e tratar de reproducilos seguindo o ritmo. Ainda que no vídeo vaian cambiando de pasos eu sigo soamente cos que manexo e vounos alternando según van cambiando os do vídeo, ou según eu considere.
Se ainda así me resúlta complicado ou me parece un tostón, sempre me queda facer algunha outra sesión que me gustara máis ou que non fixera.
Con respecto ao vídeo de zumba avanzada, ainda que o vexades imposible de realizar, está ben visualizalo para comprender as particularidades da zumba, pois nese vídeo en concreto vese perfectamente o que é.
Se volvedes a ver o vídeo de zumba avanzada, pero desta vez en lugar de centrar a atención no mozo que está en primeiro plano (que ten un nivel altísimo e no que cada segmento corporal parece que ten movemento propio) vos centredes na xente que está abaixo, veredes como os movementos son menos refinados e polo tanto resultan moito máis doados. O nivel de expresividade que amosa o profesor con respecto aos/ás alumnos/as non ten nada que ver, aí está a verdadeira complexidade.
Os meus obxectivos co blog son, ademáis de dar unhas ideas para facer algo de actividade física diaria durante o confinamento, aportar unha base de coñecemento sobre diferentes actividades fisico-deportivas. E se este foi adquirido vivenciándoas, sen dúbida será máis significativo.
Terei en conta o teu comentario para diferentes entradas no blog. Cando vos poña actividades rítmicas, tentarei buscalas máis sinxelas. Debín quizais seguir tirando do aerobic e non complicar a cousa coa zumba.
Grazas de novo por estar aí. Un saúdo