Hoxe preséntovos unha sesión de bodycombat denominada tamén aerocombat ou aerobox. Trátase dun tipo de exercicio que mixtura o aerobic coas artes marciais, dando lugar a unha actividade na que se empregan diferentes golpes ao aire ao ritmo da música seguindo unha coreografía.
Como son coñecedor de que moitos/as de vós practicades artes marciais, agardo que a sesión que vos traio sexa do voso agrado.
Quixera facer unha pequena reflexión recordando que as artes marciais non están enfocadas ao emprego da violencia e facer dano. Todo o contrario, coas artes marciais perséguese o desenvolvemento integral da persoa fomentando valores como o respeto e a disciplina.
A nivel físico supoñen entrenamento excelente que mellora a forza e potencia, axilidade e flexibilidade, a resistencia, a coordinación e o equilibrio.
A nivel mental, aumentan a aotoconfianza e a autoestima e axudan a combatir o estrés e a relaxarnos.
Antes de poñerte en faena asegúrate de liberar un espazo amplo que te permita realizar a sesión comodamente, non vaias romperlle a casa a teus pais.
Durante a fin de semana seguiremos ofrecéndovos suxerencias para que tratedes de facer algo de exercicio, porque é importante mover un pouco o corpo tódolos días. Así que non deixedes de visitar o blog.
SESIÓN BODY COMBAT
Grazas,Ramón son eu,Iván de 5.ESPERO QUE ESTEAS BEN
ResponderEliminarDe nada Iván, alégrome de que esteas seguindo o blog. Agardo que as actividades que se vos ofrecen resulten do teu agrado. Un saúdo
Eliminar