Hoxe preséntovos un vídeo para traballar os abdominais. Uns abdominais fortes axudaranvos a previr e a mellorar moitas dores de lombo, especialmente a nivel lumbar (parte baixa), e tamén manter unha postura corporal correcta.
Por que é importante traballalos?
No corpo temos 2 tipos de músculos:
-Os que están en tensión constante para manternos erguidos chamados TÓNICOS e que tenden a acortarse e contracturarse.
-Os que non están en tensión constante, e polo tanto contráense e reláxanse pronto, chamados FÁSICOS que tenden a elongarse e debilitarse.
Cando os primeiros están acortados e ríxidos e os segundos elongados e débiles dan lugar a desequilibrios posturais que nos traen dores e problemas.
Vóuvolo a explicar agora doutra maneira para que o podades entender mellor.
Todos sabedes que o noso esqueleto é o armazón que nos permite ter a forma corporal que temos , ademáis de axudarnos a poder estar erguidos. Se non o tivesemos ocórresevos como seriamos?
Pero o esqueleto por si só non nos permite manternos erguidos, pois como sabedes está articulado, polo tanto necesita de cordas e gomas que o amarren o o manteñan en pé (ligamentos, músculos e tendóns). Dito doutra maneira, se a unha persoa que está de pé lle quitásemos a musculatura sabedes que pasaría? Que se caería ao chan. Pero, para onde caería? Cara adiante ou cara atrás?
Caería cara adiante, pensade que se relaxades o corpo estando de pé, a cabeza cae cara adiante e con ela o resto do corpo. Con isto podemos concluir entón que unha parte da nosa musculatura realiza un traballo de contención que contrarreste ese desequilibrio do peso que temos cara adiante.
No caso concreto do lombo temos a musculatura erectora da columna (musculos que van lonxitudinalmente por todo o lombo paralelos e pegados á columna vertebral), que podedes tocar e comprobar que están duros cando estades de pé, ou tamén sentados nunha silla sen apoiarse no respaldo, porque están traballando para que non nos caiamos.
Imos agora a ver que pasa coa musculatura abdominal. Se a tocades comprobaredes que está relaxada. E dicir, os abdominais ao contario que sucede cos músculos erectores da columna, están relaxados normalmente, co cal necesitan que os exercitemos específicamente. Non facelo provoca maior sobrecarga na musculatura da columna e con elo desequilibrios, problemas e dores.
Por todo isto, adícalle un pouco do teu tempo a facer os seguintes exercicios. Só che vai a levar uns 20 minutos.
SESIÓN ABDOMINAIS
Ningún comentario:
Publicar un comentario