martes, 14 de abril de 2020

VOLTA DE SEMANA SANTA

Ola rapaces/as! Como vai indo a cousa? Espero que esteades todos/as ben.
Toca comezar o 3º trimestre, e facémolo ainda sen saber moi ben que vai pasar co mesmo, pois ata este mércores parece ser que non haberá reunión da ministra cos/coas diferentes conselleiros/as de Educación.
Polo tanto retomaremos o blog na liña que viñamos seguindo e agardaremos instruccións para modificar o que toque.
Sei que non todos/as teredes conexión a internet e incluso téndoa, pode que os megas estean limitados e ver vídeos sexa difícil, pero, tanto se facedes os exercicios que vos poño, coma se facedes outros que vos atraian máis, está ben feito. Moverse tódolos días é o que importa.
Eu trato de facer exercicio tamén a diario, incluso cando non me apetece, porque agora máis que nunca é importante facelo. Ao non poder sair da casa, tendemos a estar máis horas sentados/as das que viñamos acostumando, e é necesario queimar calorías dalgunha maneira.
 Tiven noticia do 20 % do alumnado ben polo blog, ben por correo. Gustariame poder ter noticia de algún/algunha máis.
Supostamente, non debería quedar demasiado para que poidades empezar a poder sair algo da casa a airearvos tomando certas medidas de precaución. Máis dificil vai ser por agora a volta ao cole.
Polo de pronto, vou a seguir mandando cousiñas por aquí, para todos/as os/as que as queirades facer, e senón é así, polo menos que poidades coñecer diferentes tipos de actividades .
Non deixedes de comentar no blog!

Ningún comentario:

Publicar un comentario