martes, 31 de marzo de 2020

SESIÓN PARA MARTES 31-3-2020

Hoxe quero presentarvos unha actividade q fusiona o aerobic con bailes latinoamericamos, e que se popularizou baixo a marca Zumba. Naceu en Colombia, pensada para mellorar a condición física e a saúde a través dos movementos expresivos.
Comprobaredes a diferenza que ten co aerobic ao introducir movementos máis próximos á danza. Cantos máis pasos de baile e menos de aerobic clásico ten a actividade, máis difícil será de seguir debido a complexidade q ten a danza.
Se pensamos en actividades físicas como unha carreira, un partido de fútbol, un combate de artes marciais... supoñen todos eles unha manifestación do movemento relacionada coa mellora do desenvolvemento corporal e o rendemento físico : correr máis rápido, meter máis goles, acertar cos golpes e que non me den a min... Co movemento expresivo aparece a función estética, é dicir, o que se busca non é a eficacia ou eficiencia na consecución dun obxectivo, senón moverse de forma estética, elegante, bonita.
A actividade que vos presento hoxe ten unha finalidade de acondicionamento físico pero a través de movementos máis expresivos que os movementos funcionais de onte.
Déixovos 2 enlaces, o primeiro con pasos máis doados e un segundo para aqueles/as que se quedarom con ganas de máis.

ZUMBA PRINCIPIANTES

ZUMBA AVANZADA

luns, 30 de marzo de 2020

SESIÓN PARA LUNS 30-3-2020

Comezamos unha nova semana cun vídeo sobre entrenamento funcional. Trátase dun entrenamento basado en movementos e non en músculos illados. O obxectivo disto é mellorar o día a día das persoas aumentando a calidade de vida.
Con este entrenamento traballaremos a resistencia, a forza, a estabilidade e a mellora da portura corporal.
O vídeo é moi sinxelo de seguir. Vamos a entrenar un pouco!

ENTRENAMENTO FUNCIONAL

domingo, 29 de marzo de 2020

COMO VOS VAI?

Despois de 2 semanas de confinamento, gustariame saber algo de vós, como o levades, en que empregades o tempo, se fixechedes algunha das sesións que vos mandei, cal vos gustou máis, ou calquera cousa que me queirades contar. Podedes facelo aquí debaixo en comentarios, Non tedes porque facelo hoxe. Podedes poñer o nome e curso e así eu sei quen está seguindo isto ou anónimo se o preferides. Agardo noticias vosas!

SUXERENCIA PARA DOMINGO 29-3-2020

Hoxe domingo non me vou a estender moito, non vos quero saturar. Así q déixovos un pequeno exercicio para que vos botedes unhas risas.  Ides a precisar unha persoa que o faga con vós.
Xa que vos gustan os "challenges" e por si alguén ainda non o coñece, aí vos vai un exemplo e a canción completa. Sorte!




sábado, 28 de marzo de 2020

PARA OS/AS PEQUENOS/AS HEROES/HEROÍNAS

Porque vós tamén o merecedes, porque non é doado nada disto e máis sendo neno/a, porque quedándovos na casa sodes exemplo... Para vós :



SUXERENCIA PARA SÁBADO 28-2020

Hoxe preséntovos unha tarefa que ainda que pareza sinxela, require o seu tempo para a aprendizaxe.
Xa sei que é fin de semana e que igual non vos apetece, pero só pretendo darvos pequenas ferramentas que vos axuden a entretervos un pouco á vez que facedes algo de actividade física. Vosa é a decisión de facela ou non, por suposto.
O que vos amoso hoxe, ten que ver co folclore tradicional galego. Igual que a música ou os xogos tradicionais, existen danzas que forman parte do patrimonio cultural dos pobos. E cal é a nosa danza máis representativa? Efectivamente a muiñeira. Sabedes por que se chama así? Parece que ten que ver con muíño, non si? A muiñeira era unha forma de pasatempo que tiña a xente que ía aos muíños moer o gran para facer a fariña mentres duraba a faena.
Sei o que estades a pensar moitos/as agora: "Boh, iso son bailes de vellos/as!; non hai algo máis moderno?; iso está pasado de moda; eu prefiro bailar Tusa!..."
Para todos/as os que pensachedes iso, quero facervos unha reflexión. Efectivamente non podemos chamar moderno a algo que ten a súa orixe hai máis de 500 anos. Pero realmente credes que está pasado de moda? Cantas veces tedes visto bailar muiñeiras? Calquer celebración popular, berbena, romaría sabe ben que a muiñeira non pode faltar. Acaso alguén se atrevería a dicir que a Feira Celta está pasada de moda?
Pensade agora en tódalas cancións que pegaron o pelotazo no seu día pero que foron pasando de moda. A ver que penso eu nalgunhas: calma, despacito, bailando... Cantos de vós escoitades xa algunha delas? E que agora a que mola é Tusa!, diredes. E que pasará con Tusa para o ano?
Todas elas, son perecedeiras, caducan a final de tempada. O curso que ven sairá outra e ninguén se molestará en escoitar Tusa.
Aclarado isto, quero dicirvos que eu non me vou meter no que escoite ou baile cada un, ata aí poderiamos chegar! Sodes libres de escoller o que vos guste. O único que pretendía, era ensinarvos  a valorar o noso patrimonio e que o folclore tradicional é coma a cor negra, nunca pasa de moda!

Van agora 2 enlaces. No primeiro tedes un titorial para aprender uns pasos básicos (chamados puntos). Deberedes ensaialos varias veces, primeiro a cámara lenta e pouco a pouco a máis velocidade. O segundo é unha música de muiñeira para que intentendes meter os pasos mentres soa. Deberedes coller o ritmo mentalmente primeiro para logo intentar meterlle o baile. Primeiro soan as cunchas que vos permiten interiorizar o ritmo antes de comezar as gaitas. Sorte!

TITORIAL PUNTOS BÁSICOS

MUIÑEIRA


venres, 27 de marzo de 2020

SESIÓN PARA VENRES 27-3-2020

Hoxe preséntovos unha sesión de bodycombat denominada tamén aerocombat ou aerobox. Trátase dun tipo de exercicio que mixtura o aerobic coas artes marciais, dando lugar a unha actividade na que se empregan diferentes golpes ao aire ao ritmo da música seguindo unha coreografía.
Como son coñecedor de que moitos/as de vós practicades artes marciais, agardo que a sesión que vos traio sexa do voso agrado.
Quixera facer unha pequena reflexión recordando que as artes marciais non están enfocadas ao emprego da violencia e facer dano. Todo o contrario, coas artes marciais perséguese o desenvolvemento integral da persoa fomentando valores como o respeto e a disciplina.
A nivel físico supoñen entrenamento excelente que mellora a forza e potencia, axilidade e flexibilidade, a resistencia, a coordinación e o equilibrio.
A nivel mental, aumentan a aotoconfianza e a autoestima e axudan a combatir o estrés e a relaxarnos.

Antes de poñerte en faena asegúrate de liberar un espazo amplo que te permita realizar a sesión comodamente, non vaias romperlle a casa a teus pais.

Durante a fin de semana seguiremos ofrecéndovos suxerencias para que tratedes de facer algo de exercicio, porque é importante mover un pouco o corpo tódolos días. Así que non deixedes de visitar o blog.

SESIÓN BODY COMBAT

xoves, 26 de marzo de 2020

SESIÓN PARA XOVES 26-3-2020

Hoxe preséntovos un vídeo para traballar os abdominais. Uns abdominais fortes axudaranvos a previr e a mellorar moitas dores de lombo, especialmente a nivel lumbar (parte baixa), e tamén manter unha postura corporal correcta.
Por que é importante traballalos?
No corpo temos 2 tipos de músculos:
-Os que están en tensión constante para manternos erguidos chamados TÓNICOS e que tenden a acortarse e contracturarse.
-Os que non están en tensión constante, e polo tanto contráense e reláxanse pronto, chamados FÁSICOS que tenden a elongarse e debilitarse.
Cando os primeiros están acortados e ríxidos e os segundos elongados e débiles dan lugar a desequilibrios posturais que nos traen dores e problemas.

Vóuvolo a explicar agora doutra maneira para que o podades entender mellor.
Todos sabedes que o noso esqueleto é o armazón que nos permite ter a forma corporal que temos , ademáis de axudarnos a poder estar erguidos. Se non o tivesemos ocórresevos como seriamos?
Pero o esqueleto por si só non nos permite manternos erguidos, pois como sabedes está articulado, polo tanto necesita de cordas e gomas que o amarren o o manteñan en pé (ligamentos, músculos e tendóns). Dito doutra maneira, se a unha persoa que está de pé lle quitásemos a musculatura sabedes que pasaría? Que se caería ao chan. Pero, para onde caería? Cara adiante ou cara atrás?
Caería cara adiante, pensade que se relaxades o corpo estando de pé, a cabeza cae cara adiante e con ela o resto do corpo. Con isto podemos concluir entón que unha parte da nosa musculatura realiza un traballo de contención que contrarreste ese desequilibrio do peso que temos cara adiante.
No caso concreto do lombo temos a musculatura erectora da columna (musculos que van lonxitudinalmente por todo o lombo paralelos e pegados á columna vertebral), que podedes tocar e comprobar que están duros cando estades de pé, ou tamén sentados nunha silla sen apoiarse no respaldo, porque están traballando para que non nos caiamos.
Imos agora a ver que pasa coa musculatura abdominal. Se a tocades comprobaredes que está relaxada. E dicir, os abdominais ao contario que sucede cos músculos erectores da columna, están relaxados normalmente, co cal necesitan que os exercitemos específicamente. Non facelo provoca maior sobrecarga na musculatura da columna e con elo desequilibrios, problemas e dores.
Por todo isto, adícalle un pouco do teu tempo a facer os seguintes exercicios. Só che vai a levar uns 20 minutos.



SESIÓN ABDOMINAIS

mércores, 25 de marzo de 2020

MARCAPÁXINAS

Quero ofrecervos a opción de que fagades unha pequena manualidade. Tendo en conta que dispoñemos de máis tempo do habitual para ler, por que non facer un marcapáxinas? É ben sinxeliño e podedes decoralo ao voso gusto.

MARCAPÁXINAS

SESIÓN PARA MÉRCORES 25-3-2020

Hoxe preséntovos unha clase de ioga sinxeliña duns 20 minutos de duración.  O ioga busca o benestar a nivel físico/mental/espiritual. Traballarase o control e  a postura corporal, a relaxación e respiración.
É importante conseguir posturas cómodas e seguir as indicacións da respiración, cando di:

  • Inhala: inspira, colle aire
  • Exhala: expira, solta o aire.

martes, 24 de marzo de 2020

SESIÓN PARA MARTES 24-3-2020

Para hoxe temos unha clase de aerobic de 25 minutos de duración. Nela traballarase a resistencia aeróbica xunto coa coordinación e o ritmo. A intensidade do esforzo é o suficientemente baixa como para permitirnos realizar a sesión sen necesidade de descansos.

Preme no seguinte enlace:

SESIÓN AEROBIC

luns, 23 de marzo de 2020

SESIÓN PARA LUNS 23-3-2020

Imos comezar a semana con 2 propostas: Un tabata: trátase de 8 exercicios que se executan en series de 20 segundos de traballo e 10 segundos de pausa. A duración é só de 4 minutos. A segunda é un baile. Facelas só che vai levar uns minutos, ánimo!

TABATA

BAILE

Cuarentena coronavirus

Ola alumnado, levamos xa algo máis dunha semana confinados nas casas por culpa da pandemia do COVID-19. Non se sabe ainda con exactitude canto máis vai poder durar isto. O que está claro é que non debemos tomalo como unhas vacacións, e estaría ben que aproveitásemos o tempo, que non todo sexa playstation. Sei que non son as mellores condicións para facer exercicio, pero hai moitas actividades físicas que podedes facer dende as vosas casas. Dende aquí ireivos mandandando pequenas cousiñas. Lembrade que cada día debedes atender ás vosas obligacións como alumnos/as e facer as tarefas que os vosos/as mestres/as vos van a ir mandando. Moito ánimo e lembrade o máis importante que podedes facer agora: Quedade na casa!