venres, 19 de xuño de 2020

FIN DE CURSO

Logo dun 3º trimestre tan estraño para todos/as toca despedir o curso.
Esta última semana non vos puxen ningunha tarefa, primeiro porque coma sempre facemos trátase unha semana que vos deixaría libre en condición normais, e segundo porque considerei que xa bastante esforzo fixéchedes este trimestre.
Tedes un verán por diante agora, que ben merecido o tedes, pero si podo darvos un consello, aproveitádeo con actividades lúdicas produtivas.
 Dende o punto de vista deportivo, tedes mil opcións de ocio activo como por exemplo andar en bici, patinar, correr, xogar coa pelota... por non falar de todo o que vos ofrece a praia: nadar, bucear, xogar ás palas...
Facer manualidades, pintar... tamén son tarefas moi agradecidas que vos recomendo encarecidamente.
Ler algún libro que vos guste, xogar ao xadrez... máis do mesmo.
O verán logo pasa e en nada estaremos comezando un novo curso que seguro todos e todas colleremos con máis ganas que nunca.
Ao alumnado de 6º que marcha, desexarlle todo o mellor na nova etapa que inicia e agradecerlle as vivencias compartidas estes anos. Botarémosvos de menos pero sobre todo alegrámonos de vervos iniciar unha nova andaina na vida e seguir medrando e aprendendo. Aquí tedes a vosa casa, e seredes benvidos sempre que queirades visitarnos.
A todos/as, bo verán e ata pronto!





xoves, 11 de xuño de 2020

ACTIVIDADES 2- 9 SEM- 3AV

Hoxe déixovos unhas tarefas para traballar a coordinación ollo-man.

NIVEL 1:
Necesitaredes unha pelota de tenis ou similar.

  • Lanzala ao aire cunha man e collela coas dúas (variar altura)
  • Botala e collela (cunha man, coas dúas, lanzo con unha e collo ca outra...)
  • Lanzala contra unha parede, dexala botar e collela coas dúas mans.
  • Lanzala contra o chan, que logo rebote na parede e collela despóis no aire (probar dende diferentes distancias).
NIVEL 2:
Precisaredes 2 pelotas de tenis ou similar. 
Resultan moi boas as que están feitas con globos e arroz, comida de paxaros,...deste xeito.


Con elas trataremos de facer malabares así:



NIVEL 3:
Para este nivel será necesario primeiro dominar os exercicios do nivel anterior.
Necesitaremos 3 pelotas de tenis ou incluso mellor 3 pelotas feitas con globos como se explica no vídeo do nivel 2.
Dominar este exercicio require práctica e paciencia e non se consegue nun día.




Por último quero deixarvos unha suxerencia para as vacacións dun xogo de malabares que se presta moito no verán: o diábolo. Parece difícil ao principio pero os trucos básicos conséguense relativamente pronto cun pouco de práctica. O vídeo de exhibición é para que vexades o xogo que pode dar, pero trátase xa dun nivel de dominio moi elevado. O outro é un vídeo para principiantes coas cousas básicas. Según se van dominando estas, podemos seguir evolucionando coa a axuda de titoriais.  Hai unha chea de vídeos con trucos para que poidades ampliar o voso repertorio.


mércores, 10 de xuño de 2020

ARTS AND CRAFTS 9 SEM- 3 AV

Hoxe imos facer un divertido debuxo da nosa man en 3D, Precisaredes lápis, goma, rotuladores e un folio.
Non debería ter demasiada complicación, pero iso sí, precisaredes algo de paciencia e quizáis un pouco de axuda para poder pillarlle o truco.
Esta tarefa vai orientada principalmente ao alumnado de 2º de ARTS AND CRAFTS.


MAN EN 3D

luns, 8 de xuño de 2020

ACTIVIDADES 1- 9 SEM- 3 AV


A primeira tarefa desta semana ten que ver co manexo e control dunha pelota. Os/as futboleiros/as seguro que a recibiredes de boa gana. Poño 3 niveis para que cada quen escolla o que mellor se adapte ás súas características. O nivel 1 traballa a coordinación ollo-man. Os niveis 2 e 3 son para practicar a coordinación ollo-pé.

NIVEL 1:
Coller unha pelota que bote:
- Conseguir dar 10 botes cunha man
- Conseguir dar 20 botes alternando as mans
- Conseguir pasala por entre as pernas con bote.

NIVEL 2:
Cun balón de fútbol ou pelota similar:
- Dar 10 toques co pé
- O mesmo alternando pé en cada toque
- Dar o maior número de toques (buscar récord persoal). NOTA: Elevar a pelota e seguir golpeándoa cos xeonllos soe axudar bastante a dar máis toques.

NIVEL 3:
Déixovos 5 formas diferentes para levantar o balón do chan. Se prestades atención e cun pouco de maña, práctica e paciencia seguro que conseguides facer algunha delas.

5 FORMAS DE LEVANTAR A PELOTA

xoves, 4 de xuño de 2020

ACTIVIDADES 2- 8 SEM- 3AV

Colle os patíns (ou no seu defecto o patinete, skate, waveboard, ou bicicleta en caso de non ter ningún dos anteriores).
Anda neles entre 20 minutos e 1 hora. Podes practicar trucos que ainda non domines de todo, dar un paseo neles ou planificar un circuito con curvas, algún saltiño...
As proteccións son sempre moi aconsellables especialmente ao aprender novos trucos. Pecar dun exceso de confianza e deixalas de lado téndoas pode supoñernos unha lesión que nos fastidie unha temporada.


mércores, 3 de xuño de 2020

ARTS AND CRAFTS 8 SEM- 3 AV

A tarefa de Arts desta semana ten que ver coa fotografía e co sol. Vai dirixida especialmente ao alumnado de 2° curso de Arts, pero como sempre, anímovos a todos a participar.
Trátase de facer unha foto a contraluz xogando co sol, usandoo como se fose unha bola. Este tipo de fotos plasman siluetas negras sobre un fondo iluminado, e cun pouco de imaxinación podemos conseguir resultados artísticos fabulosos.
A mellor hora do día para facela é na posta de sol, cando o sol esta baixo, ou no amencer.
Ides a precisar a axuda dun adulto para esta tarefa, e cun móbil será suficiente. Escoller un día con pouca nubosidade será importante para conseguir un mellor resultado (mañá e pasadomañá parece q serán días bastante despexados no solpor, e se non podedes seguro que para a vindeira semana, hai algún día despexado). A foto podedes quitala dende a praia, parque, monte, mirador, dende a casa, ou dende calquera outro lugar que vos apeteza.
O truco desta fotografía está en colocar un obxecto e ou persoa/as quieta/as na postura escollida, e moverse a persoa que vai a quitar a foto, alonxándose, acercándose ou desprazándose lateralmente para alinear o sol coa figura encuadrandoo no lugar desexado.
Non vos matedes en tratar de clarear a/as figura/as ou persoa /as que coloquedes diante do sol, porque van sair negras, e elo forma parte do encanto e do resultado que buscamos.
Nos esquezades mandarme a vosa creación ao correo de contacto: portodoson.ef@gmail.com.
Aquí vos deixo unhas ideas para que vexades de que vai a cousa, pero tratade de ser orixinais. Hai 1000 cousas para colocar diante do sol así como moitísimas posturas e situacións que recrear.

luns, 1 de xuño de 2020

ACTIVIDADES 1- 8 SEM- 3 AV

Hoxe a tarefa está relacionada coa alimentación. Tedes esta semana enteira para facela.
Todos sabemos a estas alturas que os nosos hábitos alimentarios están directamente relacionados coa saúde, o benestar e a calidade de vida. Por iso é moi importante que prestemos especial atención a todo aquilo que comemos, e valoremos seriamente cambiar no día a día eses alimentos ultraprocesados e con moito azucre, graxas saturadas, sal, por outros máis sans e naturais (foitas, verduras,...).

1º E 2º CURSO:
A vosa tarefa consistirá en coller diferentes alimentos pola casa, e separalos en 2 columnas. A un lado os alimentos pouco saudables, e ao outro os saudables (se o preferides podedes debuxalos nun papel).
Logo quitádeslle unha foto aos alimentos organizados nas 2 columnas e mandádelo ao correo de contacto: portodoson.ef@gmail.com
Déixovos unha clasificación que vai dos alimentos máis saudables aos menos. Centrádevos especialmente nos que están arriba e abaixo de todo.




3º E 4º CURSO:
Vós deberedes construir unha pirámide alimentaria con alimentos que teñades pola casa (ou facela debuxándoa nun papel se o preferides). A pirámide alimentaria reflexa a cantidade de cada tipo de alimentos que debemos inxerir . A base que é máis gande representa o que se debe inxerir en máis cantidade e na punta está representado aquilo do que debemos comer pouco.
Non necesitades poñer demasiados alimentos, con un ou dos de cada tipo é suficiente, pero colocádeos  correctamente seguindo a organización do debuxo que vos adxunto.
Cando a fagades, quitádelle unha foto e mandádea ao correo de contacto: portodoson.ef@gmail.com
Déixovos un exemplo de pirámide. Podedes buscar outra, máis ou menos todas representan o mesmo.




















5º E 6º CURSO:
Para a vosa tarefa deberedes descargar unha aplicación chamada "El CoCo".


Esta aplicación cataloga os alimentos mediante o seu código de barras, e aplicando 3 filtros: Nutriente Profile Model da OMS, o sistema brasileiro NOVA  de ultraprocesados e o Sistema de advertencias chileno,  ofrecéndonos unha puntuación sobre 10 en canto a alimento saudable.

  • Alimentos puntuados de 8 a 10 son altamente recomendables.
  • Alimentos puntuados de 5 a 7 son susceptibles de cambiar por outros mellores.
  • Alimentos puntuados de 0 a 4, deberiamos descartalos da nosa alimentación.


Podemos catalogar os alimentos en naturais(conservan a sua forma natural), procesados (foron lixeiramnte modificados engadindo aceites, sal, azucre...) e ultraprocesados (aqueles que son produto dunha importante elaboración engadíndolles demasiadas cousas e nos que pouco queda do alimento orixinal, sendo alimentos pouco saudables). Déixovos un pequeno artigo para que leades algo máis sobre o tema.

ALIMENTOS NATURAIS, PROCESADOS E ULTRAPROCESADOS

Todos aqueles alimentos que teñan contidos altos en azucre, graxas saturadas, sal (sodio) e incluso que sexan altamente calóricos, considéranse pouco saudables.

A vosa tarefa consistirá e coller varios alimentos que teñades por casa e escanearlle coa aplicación "El CoCo" o código de barras. Apareceravos unha puntuación sobre 10, e naqueles alimentos pouco ou nada recomendados engadiravos unha información sobre que cousas fan que teña esa puntuación (ultraprocesado, moito azucre,...).
Ollo! hai alimentos que non figuran na base de datos da app polo que non obteredes calificación. Probade con outros.
Escaneade códigos de barras de diferentes alimentos para que poidades obter diferentes calificacións. Estou seguro de que vos sorprenderedes ao comprobar que hai alimentos que considerábades saudables e que non o son tanto.
Todo o que escaneedes, quedará gravado no historial da app.
Logo deberedes mandarme ao correo de contacto: portodoson.ef@gmail.com,  3 capturas de pantalla da app onde se vexa un alimento puntuado de 0 a 4, outro de 5 a 7 e outro de 8 a 10 como estas:




E si vos apetece, nese correo podedes contarme a vosa experiencia coa app, que vos pareceu, se descubrichedes algo sobre algún alimento que vos sorprendera.

Para relizar unha captura de pantalla, hai varias formas de facelo e pode variar en función do dispositivo. Normalmente deben pulsarse á vez e de maneira prolongada 2 botóns. Desta maneira o que esteamos vendo no móbil, queda gardado na galería como unha foto.
Varias fomas de facelo son as seguintes:

  • Botón encendido máis botón inicio (O ovalado que hai no centro do móbil ou tablet debaixo da pantalla)
  • Botón encendido  máis botón baixar volumen


  • Botón encendido  máis botón subir volumen


Se ainda así non o consegues, busca en Google como facelo co teu dispositivo ou nun titorial de Youtube.
A tarefa que vos mando pode parecer longa por toda a información que vos dou pero veredes como non é para tanto e seguro que en canto lle pilledes o truco á APP ides a querer escanear todos os alimentos.

Por último gustariame rematar esta entrada coa acertada frase: "Somos o que comemos". Unha boa  alimentación xunto coa realización de actividade física, son garantías para medrar sans e fortes.